Somalia: morren 4 traballadores de UNICEF nun ataque
Catro membros de UNICEF morreron no ataque ao vehículo no que viaxaban en Garowe, Somalia. Outros catro resultaron feridos graves.
O ataque, perpetrado cun artefacto
explosivo improvisado, tivo lugar cando o persoal ía da
súa casa de hóspedes á oficina, un traxecto que normalmente leva
uns tres minutos en coche.
Estas son as declaracións de Anthony
Lake,
director executivo de UNICEF,
ante o acontecido:
"O horrible ataque contra os nosos compañeiros
de UNICEF hoxe
no norte de Somalia é un asalto non só a eles
senón ás persoas ás cales servían. Os nosos pensamentos inmediatos
están coas familias dos catro empregados que foron asasinados e cos
que foron feridos. Todos nós en UNICEF estamos
profundamente
entristecidos, e profundamente enfadados.
Os nosos colegas dedicaron a súa vida a traballar para os
nenos de Somalia. Non son vítimas. Eles e os feridos sonheroes. Lamentamos a súa perda e esperamos a plenarecuperación dos feridos.
O noso continuo traballo en Somalia polos nenos máis
vulnerables e as súas familias será unha merecida homenaxe
a aqueles que perdemos".