Somalia: os nenos desprazados séntense seguros se van á escola
No sur e o centro de Somalia, case 2,3 millóns de nenos teñen entre 5 e 17 anos de idade. En plena emerxencia, cunha chegada masiva de desprazados, unha das principais prioridades de UNICEF é garantir a educación dos nenos.
"A educación é un compoñente fundamental de calquera resposta de emerxencia", afirmaRozanne Chorlton, Representante deUNICEF en Somalia. "As escolas proporcionan un lugar seguro para que os nenos veñan a aprender, e para garantirlles acceso á auga potable, o saneamento e outros servizos vitais"."Somalia ten unha das taxas de matriculación máis baixas do mundo, xa que antes da crise asistía á escola menos do 30% dos nenos", afirma Lisa Doherty, Oficial de Educación en Emerxencias de UNICEF en Somalia. Estamos a anticipar cifras aínda peores unha vez que as escolas traten de volver abrir en setembro, pero se activamos a nosa resposta de emerxencia podemos cambialo, engade. Non obstante, a situación é complicada, sobre todo pola chegada en masa dos nenos aos campamentos de desprazados deMogadiscio, a capital. Isto fai temer que se non se adoptan medidas inmediatas, varios miles poden perder o novo ano escolar que comeza este mes.
o acceso as escolas, prioridade de UNICEF
O grupo de organizacións que coordina o traballo en educación en Somalia, dirixido por UNICEF e Save the Children, avaliou as condicións en 589 escolas. Os resultados indican que se necesitan máis programas de alimentación escolar, materiais didácticos, incentivos para os mestres e outros espazos de aprendizaxe para asegurar que os nenos teñan acceso á educación. Tamén é necesario establecer espazos temporais de aprendizaxe nos campamentos para persoas desprazadas e as comunidades locais, e para proporcionar instalacións de auga e saneamento, material escolar básico esubministracións de recreación a 435.000 nenos, eincentivos para 5.750 profesores.
os nenos da escola Wabari
Á escola Wabari, que se encontra nun campamento para persoas desprazadas en Mogadiscio, acoden 200 nenos. "Un centenar veñen á quenda de mañá e o resto ao de tarde. Hai moitos máis nenos en idade escolar neste campamento, pero só podemos atender a 200". "En moitas das rexións, temos medo que os mestres non regresen unha vez que se reabran as escolas, xa que eles mesmos tiveron que emigrar coas súas familias", afirma Doherty. "Imos ter que contratar e capacitar novos mestres, probablemente moi pronto, para cubrir os baleiros".