Somalia: UNICEF apoia ás familias con vales de comida e diñeiro en efectivo
UNICEF e os seus aliados puxeron en marcha un programa de vales de comida e transferencia de diñeiro en efectivo no sur de Somalia para chegar aos nenos e as familias afectadas pola fame e a seca. Con esta iniciativa preténdese incentivar aos comerciantes a ter comida a prezos alcanzables.
"A magnitude da crise, con336.000 nenos con desnutrición aguda, esíxenos a todos ser creativos e atopar maneiras rápidas e innovadoras -a gran escala- para evitar que morran máis nenos", afirma a Representante de UNICEF en Somalia, Rozanne Chorlton.
"A escaseza de
alimentos no mercado local ha feito que os prezos
aumenten dramaticamente no último ano, polo que os vales
de comida e as transferencias de efectivo axudan a mellorar o poder
adquisitivo local e animan aos comerciantes locais a ter máis
comida a prezos alcanzables", engade.
as familias poderán acceder a alimentos no mercado local
Este mes, a través desta nova
iniciativa apoiada por UNICEF, 15.000 familias enLower e Middle Juba e Lower
Shabelle beneficiaranse de vales de
comida ou transferencias de diñeiro para
comprar alimentos esenciais.
O proceso, que será supervisado por terceiros,
para asegurar que os fondos chegan a quen máis o necesitan consiste
en:
- As ONG coas que traballa UNICEF fan unrexistro das familias.
- As transferencias realízanse a través de Hawala local (un
sistema legal e fiable para realizar transferencias de
diñeiro).
Os aliados de UNICEF en educación tamén están a distribuír estes
vales aos máis de 15.000 nenos que acoden aos212 Espazos Amigos da Infancia. Ante a falta de
programas de alimentación escolar, estes vales proporcionan unapoio vital aos nenos afectados.
Ademais, tamén serven como un incentivo para
aumentar a asistencia á escola.
Necesidade de fondos para chegar a 40.000 familias
Para poder desenvolver o programa de transferencia de efectivo a maior escala e chegar polo menos a 40.000 familias noutras zonas afectadas como Bay, Bakool, Gedo,
Middle Juba e o corredor de Afgooye, UNICEF necesita 15 millóns de dólares (11 millóns de euros). No mesmo sentido, para poder chegar a máis de 100.000 nenos e as súas familias a través das escolas, son necesarios outros 10 millóns de dólares (7,33 millóns de euros)."Necesitamos ampliar con urxencia estes plans para poder salvar a vida de máis nenos", dixo Chorlton. "Para facer iso, necesitamos fondos de dispoñibilidade inmediata."
UNICEF traballa, ademais, para
conseguir chegar a 200.000 familias no sur de
Somalia, cunha ración suplementaria dunha
mestura de millo e soia, rica en micronutrientes e hidratos de
carbono. Máis de 97.000 persoas xa están a recibir esta ración,
unha cifra que aumenta cada semana a medida que as subministracións
chegan ás zonas máis afectadas do sur.