Somalia: a vida dos nenos en risco
A masiva resposta humanitaria á fame en Somalia salvou moitas vidas ata agora, segundo un novo estudoUNICEF acolle con satisfacción a noticia de que se reduciu o número de zonas de fame no sur de Somalia, segundo revela o último estudo da Unidade de Análise de Nutrición e Seguridade Alimentaria de Somalia (FSNAU, polas súas siglas en inglés).
"Grazas ao forte apoio de doadores de todo o mundo dende que se declarou a fame en xullo, salvouse a vida de miles de nenos", afirmou o Representante de UNICEF Somalia, Sikander Khan. Segundo as últimas conclusións da FSNAU, o estado de fame continúa nas zonas de Medio Shabelle, enas de desprazados de Afgoye eMogadiscio, pero nas zonas de Bay, Bakool e Lower Shabelle pasouse de fame a niveis de emerxencia.Non obstante, os índices de desnutrición continúan por enriba dos niveis do albor da fame en gran parte dosur de Somalia. As taxas de mortalidade infantil tamén se manteñen por enriba dos niveis de crise en varias zonas. Por outra parte, é probable que os brotes de enfermidades a grande escala alcancen o seu punto álxido durante e inmediatamente despois da actual tempada de chuvias.
En total, catro millóns de persoas continúan necesitando axuda para sobrevivir
"Que ninguén se equivoque sobre a actual situación en curso. A vida dos nenos segue en perigo inminente. A conxunción da desnutrición, as enfermidades mortais e a escalada do conflito representa aínda unha cuestión de vida ou morte para decenas de miles de nenos, sen tregua, durante a maior parte de 2012 ", agregou Khan. O xeneroso apoio dos doadores permitiu a UNICEF prestar axuda de aos nenos máis vulnerables e as súas familias. Ata a data, en torno a un millón de persoas beneficiáronse de asistencia nutricional, incluíndo 135.000 nenos con desnutrición severa;1,2 millóns de nenos foronvacinados contra o sarampelo; 1,4 millóns de persoas teñen acceso a instalacións sanitarias; e 1,8 millóns acceden a auga potable. Ademais, UNICEFcontinúa traballando para ampliar o seu programa de emerxencia. Para manter e ampliar aínda máis a súa resposta,UNICEF necesita urxentemente 62 millóns de dólares (45,67 millóns de euros) ata finais de novembro para atender todas as necesidades identificadas para 2011, e para continuar coa súa liña de nutrición e saúde ata principios de 2012.
Co obxecto de garantir a posibilidade de erradicar a fame nas tres zonas onde aínda existe e minimizar o risco de que as zonas en niveis de emerxencia sufran fame, UNICEF necesita 300 millóns de dólares (case 221 millóns de euros) para ofrecer unha resposta multisectorial en 2012. "Facemos un chamamento á xenerosidade de todos os nosos doadores e amigos para brindar o apoio sostido que os nenos de Somalia necesitan para lograr saír desta crise. Debemos manter o rumbo, seguir facendo todo o que estea na nosa man para garantir aos nenos de Somalia o seu dereito a sobrevivir e evitar que a fame volva suceder ", apostilou Khan.