Starwood apoia programas de educación en Paquistán e Romanía
Dentro do seu programa de Responsabilidade Social Corporativa, a cadea de hoteis Starwood apoia a UNICEF a través de dúas grandes iniciativas de ámbito internacional. A iniciativa Road to Awareness, onde os empregados son os protagonistas e Chek Out for Children, que cumpre 15 anos e está dirixida aos clientes da compañía.
Os empregados da cadea de Hoteis Starwood en España organizaron diferentes actividades durante o ano 2011. A través de carreiras ciclistas afeccionado (Hotel Sheraton en Gran Canaria), spinning (W Hotel en Barcelona) ou rastrillos solidarios (Hotel María Cristina en San Sebastián), conseguiron superar a cifra de 50.000 euros para apoiar os proxectos de UNICEF. Ademais, grazas á iniciativa Check outfor Children, que se leva a cabo en máis de300 hoteis en todo o mundo, os clientes da cadea hoteleira en España contribuíron con 68.000 euros aUNICEF. Cos fondos conseguidos en ambas as dúas iniciativas apoiaranse osprogramas de educación de UNICEF en Paquistán e Romanía.
a educación, clave para romper o círculo de pobreza
Aeducación contribúe a mellorar as condicións de vida e erradicar o círculo de pobreza que sofre a infancia no mundo en desenvolvemento. Unha das prioridades do traballo de UNICEF nos máis de 150 países nos que traballa éconseguir que a educación sexa unha realidade para todos os nenos e nenas.No sur de Paquistán, en Sindh, unha zona moi afectada polas inundacións de 2010, UNICEF está a proporcionar material escolar para 8 escolas que benefician a 1.600 nenos. Ademais estanse a crear espazos de educación preescolar para nenos de 3 a 5 anos. En Romanía onde debido á pobreza e discriminación máis de 400.000 nenos non van á escola, estímase que o 95% dos nenos Romaníes(de etnia xitana) non chegan á educación secundaria. Nas zonasromaníes máis pobres estase a equipar a 50 escolas con mobiliario, lousas, equipos de deportes e ordenadores. Ademais, estase a traballar na sensibilizando as comunidades locais Romaníes sobre a importancia de que os nenos acudan á escola para previr problemas de exclusión social.