Subministracións de emerxencia en Somalia
A emerxencia humanitaria no Corno de África é a máis grave das que hai declaradas en todo o mundo. Somalia é o epicentro da crise. No sur do país, o 80% de todos os nenos sofre desnutrición. UNICEF enviou subministracións nutricionais de emerxencia e auga cara a Baidoa, na rexión de Bay, para asistir aos nenos afectados.
Máis de medio millón de nenos somalísestán severamente desnutridos e necesitan asistencia humanitaria de forma inmediata.Nalgunhas áreas do sur, un de cada tres nenos padece desnutrición severa.
Envío de subministracións de emerxencia
"Onte UNICEF enviou 5 toneladas de subministracións nutricionais esenciais, como alimento terapéutico e medicinas para tratar nenos con desnutrición severa, e equipamentos para subministrar auga potable no campo de desprazados de Baidoa", informa a Representante de UNICEF en Somalia,Rozanne Chorlton. "Tamén están en camiño, vía Mogadiscio, subministracións sanitarias con kits que inclúen medicamentos básicos para tratar enfermidades infantís comúns, como infeccións respiratorias, diarrea, lesións menores e tratamentos contra parasitos, para que 10 centros de saúde atendan a unhas 100.000 persoas nuns tres meses" asegura a Representante deUNICEF en Somalia. "Estamos preparados para traballar en calquera lugar de Somalia, xa que temos acceso aos nenos máis vulnerables que necesitan axuda," subliñou.Somalia é oepicentro do desastre pola sua situación extremadamente fráxil, debido aos efectos do conflicto e y
a inseguridade, que aumentaron mentres o cambio climático e a suba dos prezos dos alimentos golpeaban con intensidade á poboación.Os nenos que sofren desnutrición severa teñen 9 probabilidades máis de morrer que os nenos sans, e mesmo os nenos que sofren desnutrición moderada teñen un risco significativamente maior de morrer. A desnutrición priva os nenos dos micronutrientes que son esenciais para o seu crecemento e desenvolvemento, e fai que os nenos sexan máis susceptibles ás enfermidades. Cando non mata, a desnutrición pode deixar secuelas permanentes: lesións físicas ou intelectuais e sufrir os efectos dun sistema inmune débil.
Os nenos non morren só porque non teñen suficiente comida. Están a morrer ou terán secuelas de por vida porque son máis propensos ásenfermidades, porque beben auga contaminada, non están vacinados, ou teñen unha dieta pobre. Todas estas condicións están a empeorar agora e agrávanse cando as familias están forzadas a desprazarse. "Urxe solucionar a falta de axuda alimentaria e doutros recursos para afrontar a inseguridade alimentaria no sur e así aliviar o impacto da crise actual. En calquera caso, a alimentación non é suficiente. Os nenos e as súas familias necesitan servizos sanitarios, auga potable, nutrición e un axeitado nivel de coidado e protección", engadiu Chorlton.
Resposta de UNICEF
Entre xaneiro e maio,UNICEF e os seus aliados proporcionaron tratamentos a máis de 100.000 nenoscon desnutrición severa, a través de 800 centros nutricionais en Somalia.Destes nenos atendidos, faleceron uns 460 (unha media de 90 nenos cada mes), localizándose máis do 86% dos falecementos nas rexións centrais e do sur. O máis alarmante desta traxedia é que estas cifras de nenos falecidos son só dos casos que foron identificados, polo que esta cifra pode ser maior.
.