Sudán do Sur: 1 de cada 5 mortos por cólera é un neno

O brote de cólera en Sudán do Sur segue ameazando a vida de miles de nenos. Xa se rexistraron 700 casos desta enfermidade, que causou 32 mortes. Delas, 1 de cada 5 corresponde a nenos menores de 5 anos.

 

Nesta complicada situación, a educación xoga un papel clave para deter o brote de cólera en Sudán do Sur. Por iso, dende UNICEF estamos a traballar con nenos eprofesores de todo o país para sensibilizar sobrecomo previr a enfermidade.

"A cólera é unha enfermidade mortal que afecta de xeito desmesurado aos nenos pequenos", dixo o representante de UNICEF en Sudán do Sur, Jonathan Veitch. "Unha das formas máis contundentes de responder a este brote é dando aos nenos en idade escolar ainformación e ferramentas que necesitan para pr
otexerse a si mesmos e ás súas familias".

SUDÁN Do SUR: VISITAMOS ESCoLAS PARA INFORMAR SOBRE CoMO PREVIR o CÓLERA

En Ecuatoria Central, a zona afectada polo brote, os alumnos eprofesores nas escolas próximas aos focos de cólera invitáronnos a facer visitas aos colexiospara concienciar sobre os principais factores de risco. Ata agora, xa levamos información a 1.340 alumnos e 30 profesores. O noso obxectivo é chegar a 150 escolas.

En UNICEF, e xunto á OMS 
e o Ministerio de Sanidade, estamos a traballar en todo o país para poñer as escolas á fronte da resposta. Alumnos e profesores están a recibir formación sobre prácticas hixiénicas como a importancia do lavado de mans con xabón e unha manipulación segura dos alimentos.

Nos nosos espazos amigos da infancia, osnenos reciben formación e anímaselles a trasladala a amigos e familiares. Esta é unha medida importante, xa que enSudán do Sur o 70% dos adultos non sabe ler ou escribir. Tamén estamos a difundir mensaxes de prevención na radio e colgamoscarteis en lugares públicos.

SUDÁN Do SUR: OS CENTROS DE SAúDe, Moi AFECTADOS POLo CONFLITO

Ademais, estamos a fortalecer os servizos de saúde, especialmente debilitados nas zonas de conflitoVeitch advertiu de que se este brote se expande por estas zonas, a carencia de centros de saúde operativos podería levar a unha perda desvastadora de vidas. Actualmente 184 instalacións sanitarias pecharon ou foron destruídas nas zonas afectadas polo conflito.

"É unha carreira contra o reloxo para previr a propagación da cólera polo río Nilo, especialmente durante a estación de chuvias. Agora a nosa prioridade é chegar aos nenos máis vulnerables que necesitan con urxencia auga potable e vacinas", dixo Veitch


Necesitamos axuda urxente para deter o brote e manter a salvo aos nenos de Sudán do Sur.