Sudán do Sur: ao bordo da catástrofe nutricional se non se pon fin á violencia

Dende UNICEF instamos aos grupos en conflito en Sudán do Sur a que cumpran inmediatamente co alto ao lume alcanzado o luns ou o país enfrontarase a unha escaseza de alimentos catastrófica.

Segundo o último informe do grupo de expertos da fase de clasificación de seguridade alimentaria integrada (IPC polas súas siglas en inglés), presentado esta semana, o continuo conflito está a reducir as existencias de alimentos de forma pronunciada e retarda o acceso humanitario a aqueles que máis o necesitan.

Dende UNICEF 
xa puidemos comprobar que un gran número de persoas se desprazan no medio do conflito debido á escaseza de alimentos.
 

Sudán do Sur: a asistencia humanitaria frea a deterioración da situación

Os nosos últimos informes apoian as conclusións do IPC e din que só un rápido aumento da asistencia humanitaria preveu unha maior deterioración da situación de nutrición, especialmente nos estados máis afectados.

"Os equipos de UNICEF necesitan acceder a zonas remotas que non son accesibles debido ao conflito", explica o representante de UNICEF en Sudán do SurJonathan Veitch. "Aqu
í é onde se está a xerar a crise. Ambas as dúas partes, que chegaron a un alto ao lume, teñen que chegar a un acordo a longo prazo ou enfrontarse a unha crecente crise alimentaria ao final da escasa estación seca".

"Seguimos estando ao límite e calquera incremento da violencia provocará cortes nas estradas, afectará aos mercados e impedirá o acceso humanitario. Isto sería unha catástrofe para os nenos que sofren desnutrición aguda e podería desembocar en altos niveis de mortalidade".
 

Sudán do Sur229.000 nenos sofren desnutrición aguda grave

Estímase que polo menos 229.000 nenos sofren desnutrición aguda grave en Sudán do Sur - un número que se duplicou dende o comezo do conflito fai pouco máis dun ano.
 
Ayúdanos a frenar la hambruna en Sudán del Sur
Xunto ao Programa Mundial de Alimentos (PMA), dende UNICEF continuamos reforzando a asistencia aos nenos con desnutrición en todo Sudán do Sur. En 2014, proporcionamos tratamento de alimentación terapéutica para case 100.000 nenos con desnutrición grave en 2014. En 2015, pretendemos chegar a 137.000 nenos menores de cinco anos que sofren desnutrición aguda grave.


UNICEF e o PMA tamén estamos a enviar equipos de especialistas a zonas remotas ás que non chega a axuda humanitaria, nas chamadas Misións de Resposta Rápida. Durante estas misións,UNICEF analiza os niveis de desnutrición dos nenos e deriva e trata aqueles que sofren desnutrición moderada e grave.

Os traballadores de UNICEF en terreo tamén rexistran os nenos non acompañados co fin de reunilos coas súas familias, proporciónanlles servizos básicos de saúde e educación, e distribúen subministracións para potabilizar auga. Ata a data, estas misións chegaron a máis de 600.000 persoas, incluíndo 142.000 nenos menores de cinco anos.

Dende UNICEF facemos
un chamamento urxente para conseguir fondos adicionais por valor de 29 millóns de euros para ampliar a nosa resposta nutricional en Sudán do Sur.

Fai un donativo para evitar a fame en Sudán do Sur