Sudán do Sur: apoio aos nenos refuxiados en Maban
A desnutrición é un grave problema no condado de Maban, en Sudán do Sur, onde hai máis de 100.000 refuxiados. O conflito e a inseguridade alimentaria crecente en Kordofán e os estados do Nilo Azul provocaron unha afluencia de refuxiados no país.
Moitos refuxiadosviaxan a pé, para o que poden tardar meses cruzando as zonas perigosas do conflito por estradas secundarias. Polo camiño, a fame e a enfermidade son ameazas constantes, particularmente para os máis vulnerables, os nenos. Ademais, as chuvias estacionais comezaron na zona, polo que aumentan as posibilidades de que haxa brotes de enfermidades.Radwan Al Fahil, de 12 anos, recorda: "As miñas irmás e eu estivemos a camiñar cinco días na fronteira de Sudán do Sur, unha viaxe moi difícil, porque ademais non levabamos zapatos".
"A EDUCACIÓN é INCLUSO MÁiS IMPORTANTE QUE OS ZAPATOS"
Co apoio da Oficina do Alto Comisionado de Nacións Unidade para os Refuxiados,UNICEF e os seus aliados están a apoiar nas áreas de nutrición e saúde, protección e educación.No hospital de Bunj, en Maban, proporciónase tratamento de emerxencia para os nenos con desnutrición aguda grave, tanto para os refuxiados coma para as comunidades de acollida. Estivemos a proporcionar servizos básicos de saúde e vacinación contra o sarampelo, a poliomielite e as tétanos", di Chandra Gilmore, do Corpo Médico Internacional, aliado de UNICEF. Cada día,vacínase 350 nenos e mulleres no punto de entrada do campamento de Gendrasa. O apoio psicosocial é tamén clave para estes nenos, que tiveron experiencias moi duras. Marte Ricci da organización INTERSOS fala sobre os Espazos Amigos da Infancia, onde os nenos xogan e aprenden: "UNICEF proporciona material de xogo e escolar para chegar a 2.000 nenos. Estes Espazos Amigos da Infancia permiten aos nenos esquecer o seu pasado, facer amigos e obter novos coñecementos".
UNICEF proporciona tamén materiais educativos para apoiar a educación en Maban. Khalda Hasan, unha profesora no campamento de refuxiados de Batil, di que os nenos están a desexar aprender. A escola é o mellor de estar aquí. A educación é mesmo máis importante que os zapatos. Preferiría estar en clase cos pés descalzos que ter zapatos", di Radwan. "Os nenos que foxen da violencia en Sudánenfrontáronse a un inmenso estrés, e estamos a ver as consecuencias. Temos que asegurarnos que os nenos acceden á atención sanitaria, a educación e a un ámbito de protección, para asegurarnos de que non só sobreviven, senón que prosperan nunha situación tan difícil. E para iso o aumento do apoio e o financiamento é esencial", di a Representante de UNICEF en Sudán do Sur,Yasmin Ali Haque.