Sudán do Sur: a axuda chega a miles de nenos e as súas familias

UNICEF e os seus aliados están a responder ás necesidades máis urxentes de 3,7 millóns de nenos e as súas familias en Sudán do Sur que son vítimas da violencia e o desprazamento masivo polo conflito inter-étnico que se declarou o pasado decembro.

Os nenos deste novo país enfróntanse a un grave perigo porque se encontran no medio dos combates ou fuxiron das súas casas e necesitan, urxentemente, auga, alimentos, refuxio e protección.
 
 

SUDÁN Do SUR: LOGROS PARA A INFANCIA

Ata a data lográronse os seguintes resultados:
  • Auga, hixiene e saneamento: 214.500 desprazados reciben auga potablediariamente e unhas 152.500 persoas teñen acceso a medios de saneamento axeitados.
  • Saúde: vacinouse contra osarampelo uns 187.000 nenos e, debido a que se achega a estación de chuvias, como medida de prevención vacinouse contra a cólera a54.200 persoas.
  • Nutrición: examinouse o estado nutricional de 39.140 nenos en seis das rexións prioritarias. Un total de 13.842 nenos condesnutrición severa aguda están a recibirtratamento.
  • Protección: máis de 22.000 nenos están a participar en actividades de apoio psicosocial. Os equipos de busca e reunificación familiar identificaron 2.856 nenos separados ou non acompañados, dos cales se logrou reunificar a 231 coas súas familias.
  • Educación: un total de 5.618 nenos están tendo acceso a actividades educativas durante a emerxencia, incluíndo material escolar.
UNICEF traballa enSudán do Sur dende hai 25 anos. Actualmente, hai 154 membros de UNICEF, pero xa se están a despregar máis operarios para reforzar os programas humanitarios no país africano.

Nos primeiros meses de 2014, os esforzos no medio desta crise humanitaria estanse a centrar en dar resposta ás necesidades dos desprazados. Hai preto de 803.200 desprazados internos, dos que máis de429.000 son nenos, e oacceso humanitario segue estandolimitado nalgunhas zonas.