Sudán do Sur: as chuvias agravan a situación

Mónica Apiar Tiir, de 22 anos, percorreu 650 quilómetros cos seus catro fillos escapando do conflito en Sudán do Sur.

 

Chegaron aos terreos do colexioMahat en Juba, capital do país, para instalarse alí e convertelo no seu fogar temporal.Mónica e os seus fillos conviven con outras 2.400 persoas desprazadas polo conflito que asola Sudán do Sur dende decembro pasado. Co inicio da tempada de chuvias, moitas tendas de campaña e refuxios improvisados filtran a auga. Mónica e as outras mulleres deben sacar a auga fóra da tenda para tratar de manter ochan seco. É nesta mesma terra onde van durmir."Necesitamos comida e un lugar onde vivir. Non podemos cociñar pola chuvia, non podemos acender lume porque todo está mollado. Non podo alimentar os meus fillos. Isto é o máis urxente", asegura con preocupación.

Sudán do Sur: o drama dos desprazados

Estímase que preto dun millón de sur desursudaneses estándesprazados no seu propio país. Están repartidos en 174 asentamentos tanto espontáneos coma organizados. As organizacións humanitarias teñen dificultadespara acceder aos asentamentos non controlados. Cando Mónica chego tivo que esperar dúas semanas antes de recibir axuda. "As esteiras permiten durmir mellor e as láminas de plástico axudarán a manter fóra a chuvia. O problema será nos lados, porque só temos suficientes follas para o teito, pero tampouco é un gran problema. Séntome feliz ". Ademais dos desprazados, hai máis de 293.000 refuxiados de Sudán do Sur nos países veciños dende o pasado mes de decembro. Uns 4,9 millóns de persoas necesitan asistencia humanitaria.