Sudán do Sur: continúan as liberacións de nenos soldados

Dende UNICEF participamos na liberación de 300 nenos dun grupo armado en Sudán do Sur, que se suman aos 246 desmolibizados hai dúas semanas.

Os nenos de Pibor, no estado de Jonglei, entregaron as súas armas e uniformes nunha cerimonia supervisada pola Comisión Nacional de Desarme, Desmobilización e Reintegración de Sudán do Sur e a Facción Cobra, e apoiada por UNICEF. Pasaron a súa primeira noite nun centro de coidado temporal onde se lles proporciona comida, auga e roupa. Tamén terán acceso a servizos sanitarios e psicosociais.

Esta liberación chega tras a que tivo lugar hai dúas semanas no pobo de Gumuruk, na que quedaron libres 249 nenos entre 11 e 17 anos. Ao longo deste mes, terán lugar máis liberacións graduadas de nenos da Facción Cobra do Exército Democrático de Sudán do Sur, liderado por David Yau YauCobra informou a UNICEF de qu
e teñen 3.000 nenos no seu grupo armado.
 

Sudán do Sur: 179 nenos volveron a casa coas súas familias

A pesar dos grandes retos aos que se enfrontan os nenos liberados ao adaptarse á vida civil despois de pasar 4 anos nun grupo armado, en Gumuruk estanse a dar signos positivos que indican que o proceso de reintegración está a funcionar. Nas dúas primeiras semanas dende a súa liberación, 179 nenos regresaron á casa coas súas familias e 70 nenos viven en centros de coidado temporal apoiados por UNICEF mentres se busca as súas familias e se leva a cabo a posterior reunificación. Os 249 nenos acoden ao centro de coidados cada día para xantar, realizar actividades recreativas e recibir apoio psicosocial.

"Cada neno liberado supón a oportunidade para unha nova vida", explica o representante de UNICEF en Sudán do SurJonathan Veitch.
"Estamos a ser testemuñas das negativas consecuencias que ten para os nenos ter pertencido a un grupo armado; algúns son introvertidos mentres que outros mostran comportamentos violentos e agresivos. En lugar de xogar, van e veñen".
 

SUDÁN Do SUR:  “CADA NenO LIBERADO SUPóN A OPORTUNIDADe PARA UNhA NoVA VIDA”

"Para evitar o risco de volver ser recrutados e asegurar que cada neno pode alcanzar o seu potencial, eles necesitan un ámbito protector onde non só reciben comida e auga, senón tamén consellos, habilidades para a vida e a oportunidade de regresar ao colexio", sinala Veitch.

Os nenos liberados e as comunidades, repetiron insistentemente a UNICEF que a educación é a súa prioridade número un. UNICEF está a mellorar o acceso á educación en cada un dos lugares nos que houbo ou haberá liberación, mediante o fortalecemento das instalacións existentes ou favorecendo a creación de novas escolas onde antes non existían. Estímase que 20.000 nenos destas comunidades se beneficiarán destes esforzos. Ademais, dende UNICEF, xunto aos nosos aliados, apoiaremos estes nenos, moitos dos cales nunca foron á escola, con oportunidades de formación profesional.

Nos últimos días, dende UNICEF fretamos voos, fixemos chegar camións de auga e proporcionamos subministracións educativas e sanitarias á rexión de Pibor, aproveitando a mellora do acceso humanitario por estrada na estación seca. Ademais, dende UNICEF contamos con 10 membros do noso equipo no terreo para supervisar o programa de liberación e reintegración.

Dende UNICEF facemos un ch
amamento de 11'48 millóns de euros para financiar as necesidades inmediatas dos nenos liberados e as comunidades vulnerables onde viven.