Sudán do Sur: a desnutrición ameaza a vida de miles de nenos
Decenas de miles de nenos menores de cinco anos están en risco de morrer en Sudán do Sur.
A pesar da mellora temporal na situación de seguridade alimentaria, a desnutrición segue afectando gravemente aos nenos de Sudán do Sur, sobre todo aos máis pequenos.
No país séguense rexistrando altos índices de enfermidades, escaseza de auga potable e falta de acceso a coidados sanitarios básicos. A diarrea e outras enfermidades impiden que os nenos absorban os nutrientes, polo que, aínda que teñan alimentos, poden seguir estando perigosamente desnutridos.
Aqueles que se encontran en zonas de conflito, especialmente os 1,4 millóns de desprazados internos -máis da metade dos cales son nenos-, son os que corren máis riscos.
Sudán do Sur: levar axuda a os nenos é un reto
As taxas de desnutrición infantil encóntranse en niveis críticos ou graves na maior parte de Sudán do Sur. Nas zonas onde se concentra un maior número de persoas desprazadas a causa do conflito, os índices de desnutrición aguda nos nenos están por enriba do 30%; isto é máis do dobre do nivel que se recoñece oficialmente como de emerxencia.
Levar axuda humanitaria aos nenos con desnutrición supón un gran reto debido á constante inseguridade e á tempada de chuvias, que deixou case todas as estradas do país cortadas.
"Temos que aproveitar a próxima estación seca, e a conseguinte melloría nas estradas, para distribuír subministracións vitais para o tratamento dos nenos que sofren desnutrición. É fundamental que sexamos capaces de acelerar a nosa resposta durante este período de oportunidades", explica Jonathan Veitch, representante de UNICEF en Sudán do Sur.
O último informe do Sistema de Clasificación Integrada de Seguridade Alimentaria (IPC polas súas siglas en inglés) sinala que 1,5 millóns de persoas se encontrarán en "niveis de crise e emerxencia por inseguridade alimentaria" de setembro a decembro, o que indica unha lixeira melloría dende as últimas previsións, xa que os próximos meses coinciden coa colleita. O grupo de expertos tamén recoñece o labor da axuda humanitaria na mellora dalgunhas zonas.
Sudán do Sur: los prognósticos seguen siendo preocupantes
UNICEF ampliou masivamente a axuda humanitaria en resposta á crise en Sudán do Sur. En colaboración co Programa Mundial de Alimentos (PMA), UNICEF incrementou os servizos para os nenos con desnutrición a través da execución directa e de colaboracións adicionais con ONG nacionais e internacionais.
Dende abril, UNICEF proporcionou tratamento para a desnutrición aguda a 55.000 nenos menores de cinco anos e prognostica que, coa continua ampliación das súas accións, poderá chegar a 120.000 a finais deste ano.
UNICEF necesita urxentemente 19 millóns de euros para poder seguir ampliando a súa resposta nutricional e adquirir subministracións vitais durante a próxima estación seca.
Axuda a evitar a fame en Sudán do Sur