Sudán do Sur: a desnutrición crece entre os nenos e a guerra dificulta a resposta

"Había disparos... mataban a moita xente", Lucía e o seu bebé Aniis (na imaxe) conseguiron fuxir e refuxiarse nun campo para desprazados en Wau, Sudán do Sur, onde a pequena pode ser tratada por médicos.
 
Nos últimos días, o país viviu un forte repunte da violencia, especialmente na capital, Juba, que obrigou a 42.000 persoas como elas a abandonar as súas casas.
 
Os índices de desnutrición entre os nenos non pairan de crecer e o conflito dificulta a resposta. 

 

 
Centos de miles de nenos en Sudán do Sur sofrendesnutrición aguda e a situación é cada vez peor a medida que o conflito no país se prolonga. Millóns de persoas están a sufrir xa escaseza de alimentos. 
 
Sete de cada 10 estados do país alcanzaron o limiar de emerxencia do 15% de desnutrición aguda, mentres que no norte a taxa de desnutrición é xa do 33% e ata un terzo dos nenos non están a recibir suficiente alimento.
 

SUDÁN Do SUR: trataremos a 250.000 nenos con desnutrición aguda

Os nosos equipos enfróntanse a retos difíciles de inseguridade, localizacións remotas e estradas a miúdointransitables, pero desde UNICEF xa tratamos a120.000 nenos menores de cinco anos con desnutrición aguda no últimos seis meses. Isto representa un aumento de case o 50% respecto ao mesmo período do ano pasado e de máis do 150% de aumento en comparación co 2014. A pesar das dificultades para facer chegar a axuda, seguimos traballando para tratar a máis dun cuarto de millón de nenos con desnutrición aguda este ano.
 
Ademais, estes son algúns dos resultados que conseguimos no que vai de2016:
  • Auga potablepara máis de 485.000 persoas.
  • Vacinas contra osarampelo para máis de 200.000 nenos.
  • Acceso aeducación en emerxencias para 174.000 nenos.  
  • Tratamento contra adesnutrición aguda grave para máis de120.000 nenos.
  • Apoio psicosocial para axudar a 70.000 nenos a superar os traumas provocados polo conflito.

Se podes, axúdanos aaxudar aos nenos de Sudán do Sur e a outros nenos en situación de emerxencia.