Sudán do Sur: ducias de nenos morren nos últimos ataques
Os nenos de Sudán do Sur non deixan de sufrir as consecuencias do conflito que vive o seu país.
Nos ataques das últimas dúas semanas, ducias de nenos morreron, polo menos 12 foron vítimas de violacións e outros foron secuestrados, segundo os testemuños que recibimos en UNICEF.
As persoas que foxen das aldeas en chamas contan como os nenos son tantovítimas coma perpetradores dos
últimos ataques no estado
de Unidad.
Alí, homes e nenos armados, vestidos de militares ou civís,
destruíron vidas e fogares.
Os superviventes cóntannos que os grupos
armados queimaron aldeas enteiras, que agora están
reducidas a cinzas. Ademais, un gran número demulleres e nenas foronasasinadas e violadas en público,
algunhas delas apenas tiñan sete anos. Por outro lado, uns19 nenos foron asasinados e
outros foron mutilados ourecrutados para combater ou coidar o gando
roubado.
O noso representante en Sudán do
Sur, Jonathan
Veitch,di que o que contan as testemuñas mostran que a situación que están
a vivir os nenos é terrorífica, mentres se
intensifican os combates cada día, xusto cando
está a punto de comezar a tempada de
chuvias.
SUDÁN Do SUR: "QUE OS NenOS SExAN OBxEcTIVO DE ATAQUES é UNhA BARBARIDADe"
"Que os nenos sexan o obxectivo deliberado destes
ataques é unha barbaridade", di Veitch.
"Para protexer os nenos dun dano maior, é necesario ocesamento inmediato dashostilidades, xunto co pleno acceso dostraballadores humanitarios. Tamén se require unhainvestigación urxente e exhaustiva para
identificar e pedir contas aos responsables destas últimas
atrocidades cometidas" "contra os nenos".
Dende UNICEF pedimos
que o Goberno de Sudán do Sur e as forzas
de oposición utilicen
toda a súa influencia para protexer os nenos e deter de inmediato a
violencia contra eles, incluída a violencia
sexual. Tamén queremos incidir na necesidade deliberar a todos os nenos das forzas armadas e os
grupos asociados.
SUDÁN Do SUR: 13.000 NenOS foron RECrUTADOS
Calcúlase que uns 13.000 nenos foronrecrutados ou utilizados por todas aspartes en conflito, segundo datos
verificados pola ONU.
Debido a que a maioría das persoas que sobreviviron aos recentes
ataques en Sudán do Sur son mulleres e nenos
pequenos, dende UNICEF,
e xunto aos nosos aliados, estámoslles a proporcionar apoio
psicolóxico. Tamén estamos
a rexistrar os nenos que estánsós ou non acompañados para
reunificalos coas súas familias.
Necesitamos a túa axuda para protexer os nenos deSudán do Sur. Se podes,doa.