Sudán do Sur: a Fundación IKEA doa 1 millón de euros

A Fundación IKEA doou 1 millón de euros a UNICEF para os programas de emerxencia en Sudán do Sur.

 

Máis de 400.000 nenos estándesprazados no interior do país debido áviolencia causada polo conflito inter-étnico desatado o pasado mes de decembro. A situación é especialmente complicada para os que se encontran en áreas de difícil acceso.A chegada da estación de chuvias empeorará as condicións das persoas afectadas. Por iso a Fundación IKEA respondeu ao chamamento de UNICEF con esta contribución. Estes fondos apoiarán o traballo de UNICEF en Sudán do Sur, que se centra na distribución de subministracións de emerxencia (medicamentos, alimento terapéutico, kits de primeiros auxilios, etc.), campañas de vacinacióne protección dos nenos para evitar o seu recrutamento por parte de grupos armados. Ademais estase a traballar na creación de espazos seguros para a infancia, onde os nenos poidan realizaractividades educativas e de ocio.O traballo que realiza UNICEF é posible grazas ás contribucións voluntarias de individuos, gobernos, empresas e fundacións, como a Fundación IKEA. Estamos enormemente agradecidos á Fundación IKEA por esta contribución que chega nun momento crítico e que seráfundamental para axudar aos miles de nenos cuxas vidas foron traumaticamente interrompidas por este conflito", dixoLeila Pakkala, directora de captación de fondos privados e alianzas deUNICEF.

SUDÁN Do SUR: UNhA SITUACIÓN DESESPERADA

Un millón de persoas, na súa maioría mulleres e nenos, viven unha situación desesperada en Sudán do Sur despois de case 100 días de conflito. O acceso á rexión é limitado e o comezo daschuvias ameaza seriamente os esforzos de axuda, polo que a poboación se enfrontará a unha crise insostible se a situación humanitaria non mellora de forma rápida e contundente. A axuda empezou a chegar ás zonas de difícil acceso. Non obstante, "os nenos e as familias de Sudán do Sur enfróntanse a un sufrimento sen precedentes", asegura o representante de UNICEF en Sudán do Sur, Jonathan Veitch. Para evitar que a tempada de chuvias acelere unhacatástrofe humanitaria hai que aproveitar todas as oportunidades posibles para despregar equipos e subministracións. A Fundación IKEA espera que a súa contribución e apoio supoña un impulso para que outras empresas respondan ao chamamento de UNICEF: 74,1 millóns de dólares (uns 54,7 millóns de euros) para atender as necesidades humanitarias críticas da poboación vulnerable desprazada polo conflito durante2014.