Sudán do Sur: as inundacións aumentan o risco de fame

O risco de fame en Sudán do Sur non deixa de aumentar.

As fortes chuvias que azoutan a rexión están a inundar algúns dos campamentos onde se refuxian as persoas desprazadas que foxen da violencia.

Como este campo de Bentiu no que se refuxian máis de 38.000 persoas que fuxiron dos enfrontamentos o pasado mes de abril.

Coa estación de chuvias, o campamento inundouse e encheuse de barro.

 

Sudán do Sur: carreira para evitar a fame

Máis de 20 nenos morren aquí cada semana como resultado de enfermidades previbles como a diarrea, malaria, pneumonía complicadas pola desnutrición.

É unha carreira contra reloxo para prover de instalacións de auga potable e saneamento a miles de persoas amoreadas neste pantanoso campamento onde as subministracións só pódense traer en helicóptero e onde canto máis chove máis desafíos hai.

Un equipo de voluntarios comunitarios no campo tratan aos nenos contra a desnutrición e tratan de mantelos saudables, pero as enfermidades cébanse nos máis vulnerables, xa debilitados pola falta de alimentación.

A túa axuda pode supoñer a diferenza. Axuda a evitar a fame en Sudán do Sur