Sudán do Sur: kits de supervivencia para persoas desprazadas

A violencia segue aumentando en Sudán do Sur e a situación dos nenos e familias deste país empeora por momentos. Unhas 750.000 persoas no Gran Alto Nilo víronse afectadas pola última escalada de violencia e 150.000 tiveron que abandonar os seus fogares.

 

Por este motivo, dende UNICEF, xunto a Nacións Unidas e organizacións no, puxemos en marcha unenvío aéreo de emerxencia para distribuírsubministracións esenciais a estesdesprazados internos.

A maioría deles pertencen a familias rurais e proceden de áreas remotas, onde tiveron queabandonar as súas terras antes de plantar os cultivos cos que sobrevivirían esta tempada.

Dende as organizacións humanitarias elaboramoskits de supervivencia
 entre os que se encontran elementos como as mosquiteiras, sementes de rápida xerminación, equipos de pesca, colectores de auga, pastillas potabilizadoras, sales de rehidratación oral, galletas nutricionais e utensilios de cociña.

Cada kit de supervivencia pesa uns nove quilos e está deseñado para asistir ás familias máis vulnerables que foxen da violencia en lugares aos que é difícil chegar. Os primeiros 4.500 kits de supervivencia foron entregados en helicóptero a preto de28.000 desprazados internos.

SUDÁN Do SUR: "A MAiORÍA DOS QUE fuxiron SON NenOS"

O representante de UNICEF en Sudán do Sur, Jonathan Veitch, dixo: A maioría dos que fuxiron da violencia recente son nenos que non van sobrevivir se as súas necesidades básicas comoalimento ou auga potable, non están cubertas. Esta resposta a curto prazo é crucial mentres traballamos na restauración dos servizosdevastados polo conflito".

A nosa prioridade e a de todas as axencias que traballan na resposta é o acceso sen restriciónsás comunidades desprazadas e arecolocación dos equipos en terreo.

"Tendo en conta as limitacións de accesopersistentes en Sudán do Sur, os kits de supervivencia poderían ser unha innovación para chegar conaxuda vital ás persoas extremadamente vulnerables nas zonas remotas", dixo Laura Jones
 (Organización Internacional para as Migracións), que se encarga de coordinar oaloxamento e os artigos non alimentarios de primeira necesidade.

SUDÁN Do SUR: MÁiS DE 2,1 MILLóNS DE DESPrAZADOS

"É unha prioridade para a FAO chegar a estas comunidades de desprazados, que na maioría dos casos perderon a tempada de sementeira deste ano. Esta operación proporcionará capacidade para sobrevivir a curto prazo, pero estamos preocupados e somos conscientes dos riscos na entrega desta axuda", comentou Karim Bah, representante adxunto de FAO.

Para moitos desprazados ecomunidades que padecen inseguridade alimentaria, os kits de supervivencia poden ser a única axuda humanitaria que reciban durante as próximas semanas datempada entre colleitas.

Máis de 2,1 millóns de persoas encóntranse desprazadas pola crise en Sudán do Sur dende decembro de 2013. As organizacións humanitariaschegamos a 1,88 millóns de persoas dende xaneiro de 2015, pero necesítanse 890 millóns de eurospara continuar con intervencións que permitan salvar vidas.

Se podes, doa para axudar aos nenos de Sudán do Sur e as súas familias.