Sudán do Sur: levamos axuda humanitaria urxente a miles de persoas

O presidente de Sudán do Sur, Salva Kiir, acaba de asinar un acordo de paz coa oposición que poñería fin ao conflito que se estende dende 2013. Non obstante, a inseguridade no estado do Alto Nilo está lonxe de tranquilizarse.

Dende o mes de marzo, os enfrontamentos nesta rexión son tan intensos que a poboación civil non pode recibir a axuda humanitaria que necesita. A inseguridade obrigou moitas organizacións a suspender as súas accións aquí.

A pesar desta situación, dende UNICEF e o Programa Mundial de Alimentos (PMA), logramos levar asistencia a 27.000 persoas. Un dos nosos equipos de resposta de emerxencia conxunta chegou ata Wau Shilluk, na beira oeste do río Nilo, fronte á capital do estado de Malakal, para distribuír alimentos e proporcionaratención nutricional.

SUDÁN Do SUR: " TRáTAse DUNhA SITUACIÓN DESESPERADA"

"Con poucos ou ningún servizo dispoñibles, os nenos non están a recibir alimentos nutritivos nin atención médica nestes pobos", dixo Jonathan Veitch, representante de UNICEF en Sudán do Sur. "Trátase dunha situación desesperada", engadiu durante unha visita a Wau Shilluk.

Neste contexto, decenas de miles de persoas foxen das súas aldeas rurais en busca de axuda humanitaria e protección. "A maioría de desprazados internos encontraron refuxio en comunidades de acollida, e é moi importante chegar ata eles onde estean, para que non queden expostos a máis perigos durante a súa busca de axuda humanitaria", dixo Hakan Falkell, director adxunto do PMA enSudán do Sur.

En Wau Shilluk, o PMA proporcionouasistencia alimentaria a máis de 20.000 persoas. Dende UNICEF examinamos máis de 3.000 nenos menores de 5 anos para comprobar se
sufrían desnutrición, proporcionamosvacinas máis de 8.000 nenosmenores de 15 anos contra o sarampelo e7.800 contra a polio. Máis de 400 mulleres embarazadas recibiron a vacina contra astétanos.

SUDÁN Do SUR: No ÚLTIMO AnO, 1,3 MILLóNS DE PERSOAS  RECIBIrOn ASISTENCIA

Dende hai un ano, grazas a este tipo de operacións conxuntas nas zonas de máis difícil acceso do país, máis de 1,3 millóns de persoas recibiron asistencia, entre elas,220.000 nenos menores de 5 anos.

"Puidemos ver que a xente está a loitar; só había algo de peixe e uns poucos tomates á venda no mercado, e case ninguén tiña os medios para compralos, dixo Valerie Guarnieri, directora rexional do PMA para África do Leste e Central, durante a visita a Wau Shilluk.

"Necesitamos unha presenza máis forte das organizacións humanitarias en lugares como Wau Shiluk para proporcionar inmediatamente alimentos eapoio nutricional, así como para reabrir escolas, garantir o funcionamento dos servizos sanitarios e apoiar a produción agrícola", engadiu

Mentres tanto, o centro da ONU para a Protección de Civís en Malakal superou os seus límites de capacidade. A violencia e afalta de recursos nas zonas rurais provocaron a chegada de 11.000 persoas este mes; o 75% delas son nenos. Calcúlase que o número de persoas no centro podería chegar ás 50.000, aínda que está pensado para aloxar18.000.

"A este ritmo, a situación no centro de Malakal desbordarase, e non seremos capaces de proporcionar suficientesservizos e recursos aos nenos que atravesaron un inferno para chegar a un lugar seguro", dixo Veitch.


Se podes, colabora para axudar aos nenos de Sudán do Sur.