Sudán do Sur: o conflito agrávase
Durante a última semana varios nenos foron asasinados en Sudán do Sur.
Os nenos son o colectivo máis vulnerable en calquera conflito ou enfrontamento. Algúns morreron como consecuencia dun ataque contra a poboación desprazada e outros por quedar atrapados no lume cruzado ou por ser recrutados por grupos armados. Aínda non se coñece o número exacto de nenos que se encontran entre as decenas de persoas que foron asasinadas durante o ataque do pasado xoves a desprazados internos, pero todos eles se encontraban nun centro da ONU para a Protección de Civís situado na cidade de Bor, no centro de Sudán do Sur. "Nenos completamente indefensos foron atacados nun lugar onde deberían ter estado a salvo", dixo Jonathan Veitch, Representante de UNICEF en Sudán do Sur. "O trauma que sofren os nenos que viven nestas circunstanciasé indescritible", agregou. Durante os intensos combates que tiveron lugar a principios desta semana no centro petroleiro de Bentiu, centos de nenos fuxiron á base da ONUbuscando protección. De forma paralela, outros foron observados levando armas vestidos de uniforme en unidades militares, e tamén realizando adestramento militar.
Sudán do Sur: os nenos viven unha situación desesperada
Un mozo de 16 anos, que fora recrutado había tres meses por un grupo armado, resultou ferido durante os combates. A súa familia levouno ao centro da ONU para a Protección de Civís, onde recibiu tratamento médico. Por outro lado, unha nena de sete anos que presenciou o asasinato da súa familia nun hospital e un neno de 14 anos que resultou ferido durante un tiroteo, lograron sobrevivir no centro de Nacións Unidas."Este é un feroz e brutal combate de infantaría, polo queos nenos non deben ser usados como instrumentos neste conflito", asegurou o representante de UNICEF, Jonathan Veitch. "Falamos do dano que sufrirán a longo prazo os nenos que son recrutados, pero neste momento, o principal temor é polas súas vidas. Aqueles que están en posicións de mando e de liderado teñen o deber de manter os nenos fóra de perigo e tomar todas as medidas necesarias para evitar que os nenos formen parte de grupos e forzas armadas". Debido á inseguridade que sofre Sudán do Sur é imposible saber o número exacto de nenos recrutados no país aínda que hai informes que indican que a cifra é moi alta.Tanto a lexislación nacional sur sudanesa como a internacionalprohibe o recrutamento forzado ou voluntario, así como o secuestro de persoas menores de 18 anos, para formar parte dun exército regular ou dunha milicia informal.