Sudán do Sur: o tempo esgótase para os nenos

Un millón de persoas, na súa maioría mulleres e nenos, viven unha situación desesperada en Sudán do Sur despois de case 100 días de conflito.

 

O acceso á rexión é limitado e o comezo daschuvias ameaza seriamente os esforzos de axuda, polo que ossurdudaneses se enfrontarán a unhacrise insostible se a situación humanitaria non mellora de forma rápida e contundente.


A isto engádese que o refuxio, o saneamento deficiente e as enfermidades transmitidas pola auga supoñen unha maior presión ás áreas superpoboadas de Sudán do Sur e en países veciños.


"Coas chuvias anuais achegándose rapidamente, o tempo corre cada vez máis á présa cara a un desastre humanitario para os nenos en Sudán do Sur", dixo a Dr.a Yasmin Haque, directora adxunta de programas de emerxencia deUNICEF, quen acaba de regresar do país.


A xente que coñecemos enNyal, no estado de Unity, refuxiárase en pequenas illas rodeadas de auga. Non tomaran unha comida decente en 75 días e sobrevivían con noces de palma, raíces silvestres, talos e sementes de lirio", recorda.


A situación é especialmente complicada para os nenos. "Os nenospequenos encontrábanse nunha situacióndesesperada, algúns tiveron que correr para salvar as súas vidas e no proceso quedaron separados das súas familias. Foi moi triste ver iso", admite Haque.


Esta situación provocou que uns 250.000 sursudaneses xa fuxisenaos países veciños - Uganda, Etiopía, Sudán e Kenya - para escapar dos combates e buscar refuxio. No interior do país, máis de700.000 están desprazados, na súa maioría nenos e mulleres.

Sudán do Sur: os nenos, vítimas do conflito

"Ademais da violencia e as violacións que sufriron os nenos durante case 100 días, agora o risco é maior que nunca polasenfermidades e a desnutrición. O tempo esgótase para os nenos da nación máis nova do mundo - necesitamosmellores recursos, mellor acceso, paz e seguridade. Os nenos non poden esperar", dixo a Dr.aHaque. O conflito inter-étnico que estalou no país hai tres meses está a afectar especialmente aos nenos. Están no medio dos combates ou víronse obrigados a abandonar os seus fogares, polo que necesitan alimento, protección e refuxio. Nos tres primeiros meses do ano UNICEF e os seus aliados centraron o seutraballo en dar resposta ás necesidades daspersoas desprazadas.Grazas a este labor púidose vacinar contra o sarampelo e a polio a máis de 118.000 nenos. Estase a loitar especialmente contra a desnutrición, a través do seguimento do estado nutricional dos nenos menores de 5 anos e o tratamento aos nenos afectados.UNICEF ten abertos Espazos Amigos da Infancia, nos que os nenos reciben apoio psicolóxico e participan en actividades de ocio para recuperar certa sensación de normalidade. O chamamentopara atender as necesidades humanitarias da poboación vulnerable desprazada durante 2014 é de 74 millóns de dólares (uns 54 millóns de euros).