Sudán do Sur: preguntas e respostas ante unha posible fame

O conflito en Sudán do Sur converteuse xa nunha grave crise alimentaria, poñendo a preto de 250.000 nenos en risco de desnutrición aguda.

Se non actuamos rápido poderíase declarar unha catastrófica situación de fame  no país dentro dunhas poucas semanas.

Ofrecémosche algúns datos, estatísticas e respostas sobre o impacto que o conflito e unha posible fame tería sobre os nenos en Sudán do Sur. Tamén propómosche formas de axudar a tratar de evitar a fame .
 
 

Que e a desnutrición aguda?

A desnutrición aguda é unha ameaza de morte.

Os nenos que sofren esta condición están moi por baixo do seu peso, mostran signos visibles de cansazo, perda de conciencia e de retención de líquidos, o que lles causa un gran e dolorosa hinchazón.

Por que o conflito en Sudán do Sur pode converterse nunha fame?

As loitas e a violencia desprazaron a máis de 1.700.000 persoas en Sudán do Sur desde decembro de 2013.

A maioría de granxeiros vironse obrigados a fuxir abandonando as súas plantacións, o que desembocou nunha extrema falta de alimentos e conduciu a 4 millóns de persoas a sufrir hoxe inseguridade alimentaria.

O número estimado de nenos que sofren desnutrición aguda dobrouse desde que o conflito empezou (de 108.000 en 2013 a preto de 250.000 nenos en 2014)
 

Que riscos corren os nenos de Sudán do sur ante unha fame?

  • Falta de alimento
    : O 34% da poboación en Sudán do Sur vese afectada pola inseguridade alimentaria. 50.000 nenos menores de 5 anos poderían morrer no que queda de ano se non se trata a súa desnutrición.
  • Falta de auga: Menos do 50% da poboación ten acceso a auga limpa. As enfermidades derivadas da falta de auga como a diarrea son a principal ameaza de morte dos nenos, sobre todo dos máis pequenos.
  • Falta de refuxio: As familias ven obrigadas a fuxir e pasar días sen refuxio, andando baixo o intenso sol e durmindo ao raso durante as frías noites. Os nenos son os que máis afectados ven estas situacións.
  • Enfermidades: Os nenos con desnutrición aguda son máis vulnerables ás enfermidades como a malaria, a diarrea, a pneumonía e o sarampelo.
  • Falta de saneamento: Só o 13% da poboación ten acceso ao saneamento. Desde maio vívese un brote de cólera que afectou a máis de 5.000 persoas
  • Violencia: Estímase que 9.000 nenos foron recrutados por grupos armados e moitos foron vítimas de asaltos e violencia sexual.

A cantos nenos pode afectar unha fame en Sudán do Sur?

  •    50.000 nenos poderían morrer de desnutrición aguda no que queda de ano.
  •     Preto dun millón de nenos menores de 5 anos necesitarán tratamento contra a desnutrición aguda grave.
  •     Máis de 675.000 nenos necesitarán tratamento contra a desnutrición aguda moderada.
     
 

Que tratamentos necesitan os nenos para sobrevivir?

A desnutrición aguda pódese tratar con terapias específicas.
  • Un día de tratamento con alimento terapéutico (unha media de 3 sobres) para un neno custa 1,20 euros. Trátase dunha pasta enriquecida elaborada con cacahuete que fai subir de peso aos nenos máis pequenos despois de entre 2 e 5 semanas de tratamento.
  • Unha dose de leite terapéutico F100 costa 0,49 céntimos de euro. É rica en nutrientes e fácil de dixerir. O leite terapéutico axuda a estabilizarse aos nenos que sofren desnutrición aguda.
  • Unha dose de sales de rehidratación custa 0,07 céntimos de euro. Esta sinxela solución de sales e minerais actúa rapidamente para reverter a perda de fluídos que sofren os nenos con desnutrición aguda.

Como podo axudar  aos nenos de Sudán do Sur?

Aínda que a situación é crítica, aínda podemos evitar a fame  en Sudán do Sur. Como?

1. Fai un donativo. En UNICEF estamos a traballar para proporcionar os alimentos e o tratamento que poden salvar as vidas de moitos nenos pero necesitamos o teu apoio para poder chegar a todos e evitar a fame .

2.  Infórmate sobre que é unha fame , como traballa UNICEF en Sudán do Sur e como podes colaborar. Na nosa web e nas nosas redes sociais compartimos información actualizada e as últimas noticias sobre Sudán do Sur.

3. Corre a voz sobre o que pasa en Sudán do Sur. Explica aos teus amigos e compañeiros a situación crítica que viven os nenos e o que suporía unha catástrofe humanitaria como unha fame . Utiliza as túas redes sociais, o email e outras canles para multiplicar a mensaxe e evitar que a emerxencia se silencie.