Sudán do Sur: que é unha fame e como podemos evitala
Lorena Cobas, responsable de Emerxencias de UNICEF Comité Español, explica no vídeo como está a traballar UNICEF para evitar a fame en Sudán do Sur e que supoñería que se declarase esta catástrofe humanitaria no novo país.
Sudán do Sur vive unha situación de crise alimentaria que pode converterse en fame nas próximas semanas.
As malas colleitas, a pobreza, a falta de recursos para adquirir comida e, sobre todo, o conflito que golpea a poboación dende o pasado decembro de 2013 son algunhas das causas que agravan a situación crítica que vive a poboación de Sudán do Sur.
Sudán do Sur: ao borde dunha catástrofe humanitaria
UNICEF traballa en Sudán do Sur atendendo os casos dos nenos con desnutrición, pero se a situación crítica non se atalla imos ter recursos abondo para poder seguir axudando á poboación.
Hai 4 millóns de persoas en risco de sufrir desnutrición en Sudán do Sur e 50.000 nenos poden morrer no que queda de ano.
Dende a fame de Somalia (entre outubro de 2010 e abril de 2012) non se declarara outra fame e antes non se desencadeara outra dende 1990 en Etiopía, polo que nos preocupa que cada vez teñan máis alertas deste tipo.
Aínda estamos a tempo de evitar a fame en Sudán do Sur. Os nenos de Sudán do Sur necesitan a túa axuda.