Sudán do Sur: que é unha misión de resposta rápida?
Unha importante estratexia para chegar ás zonas remotas de países en crise ou conflito, como Sudán do Sur, son as misións de resposta rápida.
En UNICEF levamos a cabo en coordinación con outros organismos humanitarios misións de resposta rápida para aliviar o sufrimento dos nenos e das persoas responsables do seu coidado cando as situacións de emerxencia o requiren.
En Sudán do Sur levamos a cabo xunto ao Programa Mundial do Alimentos (PMA) misións de resposta rápida para chegar ás zonas máis illadas e cunha necesidade maior.
Sudán do Sur: chegar ás zonas máis illadas
Durante estas misións o PMA distribúe comida, mentres que UNICEF leva a cabo as revisións nutricionais, dá tratamento a nenos con desnutrición aguda, proporciona servizos sanitarios básicos e de inmunización, subministra auga potable e saneamento, leva un rexistro de menores non acompañados para reunificalos coas súas familias, e apoia actividades educativas básicas.
Sen este tipo de misións hai zonas que, doutro xeito, non verían chegar a axuda humanitaria. No caso de Sudán do Sur sen a misión de resposta rápida gran parte da poboación non tería podido recibir apoio dende o inicio do conflito o pasado mes de decembro de 2013.