Sudán do Sur: reunificación de nenos separados ou non acompañados
Post de Sarah Crowe, voceira de UNICEF
Debido ao desprazamento a grande escala e á inseguridade en Sudán do Sur, moitos nenos víronse separados das súas familias e as súas comunidades. Unilos de novo constitúe un gran desafío, pero os esforzos de UNICEF e os seus aliados estano a facer posible.
Lonxe de casa, en compañía de estraños que falan un
idioma que non entenden, un pequeno grupo de nenos e nenas xogan
entre o po do centro de benestar infantil
de Juba. Son centenares denenos non acompañados ou perdidos no medio do caos
provocado polos intensos combates en Sudán do Sur.
As forzas do Goberno rescataron estes nenos na cidade de Bor, no estado de Jonglei, a uns 200 quilómetros ao norte, e leváronos a Juba. Aquí ninguén sabe os seus nomes ou idades exactas. Os nenos falan un pouco de árabe. Algúns falan murle, unha lingua minoritaria. A maioría non di nada.
Trouxémolos aquí. Sufriron moito. Estaban totalmente traumatizados e enfermos. Non sabían que facer, por iso ostraballadores sociais tiveron que traballar moi duro para levalos ata o estado en que agora se lles ve", sinala o Bispo Martin Moga, director de Benestar infantil do estado de Ecuatoria Central. "Grazas á axuda de UNICEF, o noso aliado, coidamos os nenos, dámoslles medicamentos, alimentos e roupa. Reciben un bo baño e dormen ben".
Seguir a pista das súas historias e das súas familias é unha batalla costa arriba nun momento no que máis de 700.000 sursudaneses son desprazados internos, e preto de 150.000 fuxiron a países veciños.
Aínda que o 23 de xaneiro se asinou un acordo de alto o fogo, moitas familias seguen tendo medo de volver á casa. Unhas 75.000 persoasrefuxiáronse nas bases da Misión de Nacións Unidas en Sudán do Sur (UNMISS, polas súas siglas en inglés). Só en Juba, 245 nenosforon rexistrados como separados das súas familias e non acompañados por un adulto.
As necesidades humanitarias sonextremas en Sudán do Sur, e as axencias de axuda
sufriron serias restricións á hora de conseguir axuda para os que
máis o necesitan. Ata a data, UNICEFpuido chegar a só 300.000 dos desprazados internos, menos da metade
do total.
As grandes lagoas de financiamento, o saqueo xeneralizado das subministracións, así como a falta de acceso a todas as zonas afectadas, están a causar estragos na obtención de axuda para nenos e familias.
No centro de benestar infantil de Juba, UNICEF e a organización aliada Forza de Paz estableceron un sistema de localización familiarpara reunir familias como a de Nyawal Rúaj, de 29 anos e natural de de Bor, quen se mostrou moi contento por encontrar os seus dous fillos pequenos a través deste centro.
"Houbo un gran tiroteo onde nos aloxabamos. Atei os meus fillos xuntos, de maneira que non puidesen separarse. Logo funme para a casa a polo meu bebé acabado de nacer e un pouco de roupa, e nese anaco os dous rapaces escapáronse seguindo os que fuxían. O meu marido continúa desaparecido. Pero grazas a estas persoas aquí no centro, polo menos teño os meus fillos de volta".
SUDÁN Do SUR: o TRABAllO EN PROTECCIÓN
A maior preocupación para os grupos de protección de
menores e UNICEF é que, mentres as
súas familias os están a buscar, os nenos non acompañados poidan
ser obxecto de trata, abuso, ilegalmente adoptadosou sacados do país.
"Nun período delicado como este, aprendemos de todas as emerxencias arredor do mundo que unha das cousas que non debemos facer ésacar aos nenos da súa comunidade, fóra deste país," sinala Cornelius Williams, asesor de Protección Infantil para África Oriental e Meridional. "Iso significaría romper os vínculos deses nenos coas súas comunidades", engade.
A pesar dos continuos riscos, Williams confía en que os nenos e as familias poidan reunirse. "É só unha cuestión de tempo, co cesamento das hostilidades, co traballo que estamos a facer. A maioría destes nenos volverán coas súas familias".