Sudán do Sur: un brote de cólera ameaza a vida de 5.000 nenos
O conflito en Sudán do Sur está a ter graves consecuencias na vida dos nenos. Á ameaza de fame e do recrutamento por parte dos grupos armados, engádese agora un novo brote de cólera que pon en risco aos nenos deste país.
Este último brote da enfermidade
xa se levou a vida de 18 persoas, entre elas dous
nenos menores de cinco anos. Desde que se iniciase o brote fai tan
só unhas semanas, identificáronse 170 casos
sospeitosos en Juba e noutras zonas do
estado de Ecuatoria Central.
Dende UNICEF, e xunto á
Organización Mundial da Saúde, puxemos en marcha un plan de
resposta urxente fronte ao brote. A través do Ministerio
de Saúde, preténdese distribuír subministracións
esenciais e expandir as medidas de prevención como asvacinas contra o cólera ou as boas
prácticas hixiénicas.
"Ata 5.000 nenosmenores de cinco anos poderían morrer de cólera se
non se actúa de forma urxente", dixo o representante de UNICEF en
Sudán do Sur, Jonathan Veitch. "É lamentable que unha enfermidade
que se pode previr poida destruír tantas vidas
novas".
SUDÁN Do SUR: o CÓLERA, Moi PErIGOSO PARA OS NenOS
Os nenos menores de cinco
anos representan o 15 % de todos os casossospeitosos de cólera. Esta enfermidade é
especialmente perigosa para os nenos porque
provoca unha rápida e grave deshidratación por mor
da forte diarrea e osvómitos.
Dende UNICEF, e xunto aos nosos
aliados, estamos a apoiar a creación de postos derehidratación oral e formamos ao persoal
sanitario. Tamén enviamos subministracións para otratamento do cólera, como medicamentos,
xabón, material de protección e tendas para levantarhospitais de campaña en todo o país. Ademais, en
UNICEF lideramos a distribución de auga potablenas zonas afectadas polo brote.
Calculamos que ao redor de30.000 desprazados internos en Juba recibirán avacina oral contra o cólera. Ademais, xa se están
levando a cabo acciones de sensibilización para promover asboas prácticas hixiénicas. Con todo, necesitamos
financiamento adicional para asegurar o control do
brote, especialmente a partir de agora que chega aestación de choivas e aumentarán os riscos
de transmisión.
SUDÁN Do SUR: AS PERSOAS SE HACINAN EN CAMPOS DE REFUxIADOS
Entre 2009 e 2013, Sudán
do Sur non tivo nin un só caso de cólera. Con todo, desde
que o conflito comezase en decembro de 2013, miles de
persoas fuxiron das súas casas e víronse obrigadas a
hacinarse en campos de refuxiados, onde a miúdo
non hai acceso a auga potable ninsaneamento. En maio de 2014, 167 persoas
morreron por mor dun brote de cóleraantes de que puidese ser controlado.
"UNICEF traballa nas comunidades
e as instalacións sanitarias para evitar máis
mortes, pero estamos a quedarnos sen fondos para facer fronte á
situación", dixo Veitch.
Ti podes axudarnos a loitar contra obrote de cólera e protexer aos nenos de
Sudán do Sur.