Sudán do Sur: unha terrible crise humanitaria

UNICEF e os seus aliados iniciaron unha campaña de vacinación contra o sarampelo tras a morte de 30 nenos por esta enfermidade

A pesar do alto o fogo asinado a semana pasada en Sudán do Sur, UNICEF advirte de que se está a producir unha crise humanitaria nos arredores da cidade de Bor, no estado de Jonglei, e outras cidades do país.

 

Polo menos 30 nenos morreron tras declararse un brote de sarampelo en nenos dos centros de Protección Civil situados no campamento da misión de paz de Nacións Unidas en Sudán do Sur (UNMISS).

Por iso, UNICEF distribuíu subministracións paravacinar 4.000 nenos contra osarampelo e a polio, así comovitamina A para reforzar o sistema inmunolóxico dos nenos.

Poucas axencias humanitarias puideron acceder á poboación de Bor, que fuxiu buscando protección dos enfrontamentos no centro de Protección Civil de Bor. A grave inseguridade que sofre a zona só permite que un número limitado de traballadores humanitarios poida traballar alí.

Unequipo composto por cinco funcionarios sanitarios de UNICEF pasou a noite no campamento de Bor repartindo vacinas e formando 10 equipos de vacinadores locais para que poidan inmunizar a polo menos uns 4.000 nenos que se encontran neste pequeno e masificado campamento.

"Estes nenos sobreviviron a enfrontamentos violentos e agora corren o risco de morrer debido ás malas condicións, e se non podemos chegar a eles con axuda humanitaria, este risco aumentará drasticamente", dixo o subdirector adxunto de Programas de Emerxencia de UNICEF, Dermot Carty.

Bor encóntrase a só 140 quilómetros deJuba, pero a súa estrada serviu de fronte de batalla durante o conflito de Sudán do Sur. As infraestruturas sanitarias de Bor e doutras partes do país foron destruídas, e algunhas subministracións foron roubadas.
 
 

SUDÁN Do SUR: 70 TONELADAS DE SUbMINISTRacións DE URxENCIA

A campaña de vacinación comezou despois de que chegasen aJuba dous aviónsfretados por UNICEFcon 70 toneladas de subministracións médicas de urxencia para os nenos e as mulleres. Os avións transportaban subministracións médicas, equipos para manter a cadea de frío tratamentos contra a malaria, pneumonía, diarrea e desnutrición; nutrientes, vitaminas, antibióticos e analxésicos para os nenos. Entre as subministracións tamén había kits de cirurxía obstétrica e equipos de auga e saneamento, tendas de campaña, lonas e mantas.

As campañas de vacinación tamén se están a levar a cabo nos campos de desprazados deJuba. En total, UNICEF e os seus aliados teñen como obxectivovacinar 180.000 nenos menores de 15 anos contra apolio e o sarampelo.

UNICEF necesita 32 millóns de dólares (23,39 millóns de euros) para cubrir asnecesidades inmediatas da crise de Sudán do Sur.

Polo menos medio millón de persoas fuxiron dos seus fogares, hai case70.000 desprazados dentro do país que se refuxiaron nos centros de Protección Civil da UNMISS, e hai outras 86.000 persoas que fuxiron a países veciños. A maioría son mulleres e nenos.