Sudán do Sur: "a violencia contra os inocentes debe rematar"
"A violencia contra os nenos alcanzou un novo nivel de brutalidade en Sudán do Sur. Os detalles do agravamento da violencia contra os nenos son incualificables pero debemos falar diso.
Ata 129 nenos do estado
de Unidad foron
asasinados en tan só 3 semanas en maio. Os
superviventes contan que se castrou a nenos,
deixándoos sangrar ata morrer. Nenas, as máis
pequenas de 8 anos, foron violadas por cuadrillas e
asasinadas. Outros nenos foron botados a edificios
en chamas.
Os nenos están a ser recrutados con moita
agresividade por grupos armados das dúas partes
cunha frecuencia alarmante. Estímase que 13.000
nenos foron obrigados a participar nun conflito que non
iniciaron. Imaxinen os efectos psicolóxicos e físicos nestes nenos
- non só pola violencia á que foron sometidos senón tamén polaviolencia que están obrigados a inflixir a
outros.
Esta violencia contra os inocentes debe rematar en
nome da humanidade e o sentido común".
Declaración de Anthony
Lake,
director executivo de UNICEF,sobre a brutal violencia contra os nenos no país.