Sudán do Sur: volta ao cole para 400.000 nenos

O conflito que vive Sudán do Sur está a afectar aos nenos do país máis novo do mundo en todos os seus dereitos.

Un deles é a educación, que se está a ver constantemente interrompida polos enfrontamentos nos estados máis afectados pola violencia.

Por iso, dende UNICEF estamos a levar a cabo unha campaña para investir a tendencia á baixa na taxa de escolarización deste país. O noso obxectivo? Conseguir que 400.000 nenos de Sudán do Sur volvan a clase.

"Todos os nenos en Sudán do Sur teñendereito á educación, vivan nun estado pacífico ou nun afectado polo conflito", di Jonathan Veitch, representante de UNICEF en Sudán do Sur.

"O actual conflito e unha economía cada vez máis fráxil devastaron o sistema educativo do país, e isto ten enormes consecuencias para toda unha xeración de nenos en Sudán do Sur. Tamén é unha cuestión vital -sabemos que un neno cuxa nai sabe ler ten un50% máis de probabilidades de superar os cinco anos de vida", afirma tamén Veitch.

SUDÁN Do SUR: MÁiS Do 50% DAS CLASES No estado de ECUATORIA OCCIDENTAL SON Ao AIRE LIBRE

Ecuatoria Occidental foi o último estado de Sudán do Sur en sumarse a esta campaña. Aínda que a taxa de escolarización nesta rexión aumentou nos últimos anos, en contra da tendencia a nivel nacional, a taxa de abandono escolar creceu notablemente.

Ademais, o 50% das clases neste estado danse aoaire libre, sen un teito nas que resgardarse. O obxectivo en Ecuatoria Occidental
 é que 40.000 nenos que están fóra da escola, dos cales o 40% son nenas, volvan ás aulas.

SUDÁN Do SUR: 100.000 NenOS xA voltaron Ao COLExIO

A campaña Volver a Aprender deu os seus primeiros pasos enfebreiro de 2015. A iniciativa está dirixida aos nenos que nunca foron ao colexio ou que se viron obrigados a abandonalo. En total, hai 200.000 nenos nesta situación nos estados afectados polo conflito e200.000 noutras zonas. Ata agora proporcionouse acceso á educación a máis de 100.000 nenos e espérase chegar aos 400.000 a finais deste ano.

Para poder logralo, necesitamos
axuda. A educación é, de todas as intervencións de UNICEF en Sudán do Sur, a que sofre o maior déficit de financiamento: ata agora só recibimos un 21% dos fondos para 2015 neste área.

Por iso, se podes, doa para que ningún neno de Sudán do Sur quede sen clase.