Sudán do Sur: as zonas illadas xa contan con axuda
100 días despois do comezo do conflito en Sudán do Sur, as zonas máis illadas polo conflito recibiron subministracións de emerxencia.
UNICEF e oPrograma Mundial de Alimentos (PMA)puxeron en marcha unha operación conxunta para distribuíralimentos, vacinas, suplementos nutricionais e outras subministracións vitais nas áreas de difícil acceso, cuxa situación empeorará, coas fortes chuvias previstas para as próximas semanas.
Estas axudas chegaron a30.000 persoas con necesidades urxentes enAkobo, preto da fronteira con
Etiopía.
Ademais está previsto que
se leven a cabo 14 misións humanitarias como esta
para apoiar unhas 250.000 persoas en comunidades
remotas afectadas polo conflito en Jonglei, Alto Nilo e
varios estados de Unity.
"Os nenos e as familias
en Sudán do Sur enfróntanse agora a un sufrimento sen
precedentes con signos preocupantes dedesnutrición e brotes de enfermidades", dixo o
representante de UNICEF en Sudán do
Sur, Jonathan Veitch.
"Ante a tempada de
chuvias que se aveciña temos que aproveitar todas as oportunidades
para despregar rapidamente equipos e subministracións para chegar
ás persoas máis difíciles de alcanzar. Así é como imos evitar unhacatástrofe humanitaria".
O PMA proporcionará alimentos vitais e
produtos especializados de nutrición aos nenos; mentres
que UNICEF distribuirá kits de
auga e saneamento ás familias, así como alimentos
terapéuticos listos para consumir para os nenos con
desnutrición.
De forma paralela,UNICEF vacinará os
nenos contra a polio e o sarampelo, distribuirá
kits de actividades recreativas, levará a cabo
programas de educación en emerxencia, erexistrará e apoiará os nenos non
acompañados.
3,7 millóns de persoas, en risco de inseguridade alimentaria
A interrupción da axuda deixou máis de 3,7 millóns de persoas en risco de sufrir inseguridade alimentaria severa, así como brotes de enfermidades e desnutrición aguda. Preto de 700.000 persoas están desprazadas dentro do país, incluíndo 379.000 nenos.
Dende que comezou a crise a mediados de decembro, o PMA proporcionou alimentos e asistencia nutricional a preto de 500.000 persoas afectadas polo conflito en Sudán do Sur eUNICEF chegou a 250.000 persoas con auga, saneamento, vacúas, educación e protección infantil.
UNICEF necesita urxentemente unha axuda adicional de 74,1 millóns de dólares (uns 54,7 millóns de euros) para atender as necesidades humanitarias críticas da poboación vulnerable desprazada polo conflito durante2014.