Supervivencia infantil: case 50 millóns de vidas salvadas dende 2000
Dende o ano 2000, cando os gobernos se comprometeron co logro dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM), salváronse as vidas de 48 millóns de nenos menores de cinco anos, segundo reflicte o informe de UNICEF Unha promesa renovada: Informe 2015.
Estes progresos son o resultado das constantes medidas dos dirixentes para converter nunha norma e unha prioridade política a tarefa de salvar as vidas dos nenos, de mellorar e utilizar os datos sobre a supervivencia infantil e de ampliar a dimensión das intervencións que deron resultado.
E dende 1990 ata agora, no espazo de só unha xeración, a taxa de redución da mortalidade infantil duplicouse en todo o mundo; é dicir, cada ano morren 5,9 millóns de nenos menores de cinco anos por causas que se poden evitar, un 53% menos que en 1990.
OS OBxEcTIVOS Do DESenvolvemento SOSTIBLE (ods)
Outros 38 millóns de vidas poderían salvarse ata 2030 se se aceleran aínda máis os avances, especialmente nos países que están demorados, en consonancia cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que os dirixentes do mundo aprobarán este mes de setembro.
Neste sentido, os ODS instan aos países a aumentar considerablemente os seus esforzos para que as taxas de mortalidade infantil se reduzan a 25 mortes (ou menos) por cada 1.000 nacidos vivos en 2030.
solucións sinxelas e renbles
- A atención especializada na etapa prenatal, durante o parto e na etapa postnatal;
- A lactación materna;
- A inmunización;
- As mosquiteiras tratadas con insecticida:
- A auga e o saneamento mellorados;
- A terapia de rehidratación oral para combater a diarrea;
- Os antibióticos para apneumonía;
- Os suplementos nutricionais e os alimentos terapéuticos.
Estímase que entre 1990 e finais de 2015 236 millóns de nenos terán morto antes de cumprir cinco anos, por causas na súa maioría previbles.
Hoxe en día as principais causas damortalidade infantil inclúen a prematuridade, a pneumonía, as complicacións durante o parto, a diarrea e a malaria. A desnutrición contribúe a case ametade das mortes de nenosmenores de cinco anos.
Sobre 'Unha promesa renovada'
A visión e os principios que promove Unha promesa renovada -o compromiso político, a rendición de contas e a mobilización social para evitar todas as mortes infantís previbles en todos os países no lapso dunha xeración- incluiranse nos ODS.
Os aliados que apoian Unha promesa renovada comprometéronse a levar a cabo cinco medidas prioritarias:
- Aumentar os esforzos nospaíses que fan fronte aos maiores retos na mortalidade infantil;
- Ampliar o acceso ás poboacións marxinadas en todo o mundo;
- Abordar as causas da maioría das mortes de nenos menores de cinco anos;
- Facer un maior fincapé nas causas subxacentes da mortalidade infantil, como a educación e empoderamento das mulleres;
- Unirse en torno a un obxectivo compartido e utilizar métricas comúns para realizar un seguimento do progreso.