Supervivencia infantil: chamada mundial á acción
Hoxe máis de 80 gobernos e unha multitude de colaboradores do sector privado, a sociedade civil e organizacións relixiosas reúnense no foro Supervivencia Infantil, chamada á acción, cuxo obxectivo é poñer en marcha unha iniciativa global que contribúa a salvar as vidas dos nenos.
O foro está convocado polos gobernos de Etiopía, India e Estados Unidos, en colaboración con UNICEF, desafía ao mundo a reducir a mortalidade infantil a 20 ou menos mortes infantís por cada 1.000 nacidos vivos en todos os países para o ano 2035. Alcanzar esta meta histórica salvaría 45 millóns de nenos ata o ano 2035, co que o mundo estaría máis preto do obxectivo final de rematar coas mortes evitables de nenos.Durante os últimos 40 anos, a aparición de novas vacinas, as melloras producidas nosservizos sanitarios, os investimentos en educación, e a dedicación dos gobernos, a sociedade civil e outros aliadoscontribuíron a reducir o número de mortes infantís máis dun 50 por cento.Non obstante, millóns de nenos - a maioría deles na África subsahariana e Asia meridional - morren cada ano por causas prevenibles antes de cumprir cinco anos. No ano 2010, isto traduciuse en 57 nenos mortos por cada 1.000 nacidos vivos.
Maior esforzo para lograr a supervivencia infantil
Este obxectivo pode ser alcanzado cun maior esforzo en cinco áreas clave:
- Xeografía:aumentar os esforzos nos 24 paísesnos que se concentra o 80 por cento das mortes de nenos menores de cinco anos.
- Grandes poboaciones: centrarse nos sistemas nacionais de saúde para ampliar o acceso ás poboacións marxinadas.
- Solucións de alto impacto: abordando as cinco causas que producen case o 60 por cento das mortes infantís: pneumonía, diarrea, malaria, nacementos prematuros e mortes durante o parto.
- Educación para as mulleres e as nenas: incluír aeducación das nenas, a autonomía da muller, e promover un crecemento económico inclusivo.
- Responsabilidade mutua: unificar os sistemas de medición en torno a un obxectivo común co fin de seguir o progreso.
Nesta Chamada á Acción, aos gobernos e aliados pídeselles que se comprometan a apoiar Unha promesa renovada, un compromiso para traballar xuntos nos plans nacionais a favor da supervivencia infantil, monitorizando os resultados e prestando maior atención aos nenos máis desfavorecidos e vulnerables.
"Temos as ferramentas, os tratamentos e a tecnoloxía para salvar millóns de vidas cada ano, e non hai escusa para non os usar", dixo o Director Executivo de UNICEF, Anthony Lake. "Para renovar a promesa realizada aos nenos do mundo, temos que centrarnos nas principais causas de mortalidade infantil como a diarrea, a pneumonía e a malaria, a ampliación da cobertura dos tratamentos de alto impacto e baixo custo, xerar máis innovación e estimular unha maior vontade política para chegar aos nenos aos que máis custa chegar. O grande obxectivo de previr as mortes de nenos debe ser a nosa causa común. "
"India ten a honra de ser tamén promotor destechamamento mundial á acción. É unha oportunidade e temos que aproveitala. Aínda que houbo unha diminución constante das taxas de mortalidade infantil en India nos últimos 10 anos, non hai lugar para a compracencia", dixoGhulam Nabi Azad, Ministro de Saúde e Benestar Familiar de India. "A redución da mortalidade neonatal e infantilsegue sendo o principal obxectivo da Misión Nacional de Saúde Rural de India. Coas experiencias da India en intervencións a favor da supervivencia infantil, e a magnitude dos programas, o país está ben posicionado para executar iniciativas de supervivencia infantil na rexiónAsia-Pacífico ", agregou.
"No mundo, non hai dous países que sexan iguais. Polo tanto cada un de nós ten que definir a súa propia folla de ruta para lograr este obxectivo. En Etiopía, reduciuse á metade a taxa de mortalidade de menores de cinco anos de 166 a 88 por 1.000 nacidos vivos só na última década, "dixo o Dr. Tedros Adhanom Ghebreyesus, Ministro de Saúde de Etiopía. "O que podemos prometer ao mundo e aos nosos nenos agora é que Etiopía fará o que poida, como no pasado, para baixar o índice a menos de 20 mortes por cada 1.000 nacidos vivos en 2035. Entón poderemos mirar atrás e dicir que fixemos xustiza a favor dos nosos nenos, e puxemos unha peza importante na historia da humanidade ", agregou. O responsable de USAID Rajiv Shah afirmou: "O desenvolvemento pode estar cheo de problemas e temos poucas maneiras de resolvelos. Axudar un neno a cumprir cinco anos non é un deles. Non é unha cuestión de se o mundo pode poñer fin ás mortes prevenibles de nenos, é cuestión de facelo.