Tanzania: grupos de apoio para nais con VIH/SIDA
Nais con VIH/SIDA formaron un grupo de apoio que ten como obxectivo ofrecer axuda psicosocial a outras mulleres, así como animalos a que sigan os seus tratamentos médicos contra o VIH/SIDA. Este grupo está vinculado á clínica local de saúde en Kitulo Ward, no distrito de Makete, Tanzania.
Ademais, o grupo tamén proporciona información para a comunidade sobre aprevención da transmisión do VIH de nai a fillo.O grupo de apoio creou unha iniciativa de teatro:Tuitange, que invita a realizarse as probas e recibir asesoramento sobre o VIH/SIDA e destaca a importancia da lactación materna exclusiva para evitar a transmisión. Algúns integrantes de Tuitange viven co VIH/SIDA e por esta razón comparten as súas experiencias con outras mulleres para animalos a facerse a proba e evitar transmitir o virus aos seus bebés. A traballadora de saúde Agnes Sangaparticipa en Tuitange. "A través do teatro, educamos a xente sobre a transmisión e a importancia da lactación materna exclusiva durante os primeiros seis meses do bebé", explica. "O grupo de teatro ten xa 22 nais e 13 pais. Empezamos cun grupo reducido, porque a maioría da xente tiña medo de verse estigmatizada ao unirse ao noso grupo. Agora veñen e incorpóranse doadamente. Imos de barrio en barrio e, tras obter o permiso das autoridades, formamos as nais e pais sobre a transmisión do virus de nai a fillo. Quero falarlle a todo o mundo acerca da transmisión, porque aínda que xa estamos infectados temos a oportunidade de lograr que a próxima xeración estea libre de VIH/SIDA," afirmaSanga.
ELIMINACIÓN DA TRASMISIÓN Do vih DE nai A fIllO
O grupo de apoio de nais está a lograr resultados impresionantes na comunidade.As parellas entenden a importancia da proba do VIH/SIDA se esperan un bebé e xa non se senten avergonzados ou incómodos. Como resultado, crece o número de mulleres embarazadas e parellas que están a recibir atención prenatal, e agora o acceso ás probas e asesoramento é maior. "Despois de dar a luz o meu bebé, déronme a medicación. Un mes máis tarde, tomaron mostras de sangue no hospital de referencia deMbeya", dixo Wema Sanga, portadora do virus. "Cando chegaron os resultados, púxenme moi contenta cando souben que o bebé estaba libre de VIH/SIDA. A miña parella e eu decidimos seguir as instrucións do médico e darlle leite materno exclusivo durante os primeiros seis meses". A eliminación da transmisión de nai a fillo do VIH é un programa avalado por UNICEF. Ofrece asesoramento e probas deVIH/SIDA, subministración de medicamentos antirretrovirales, apoio ás prácticas seguras de alimentación infantil, unha proba temperá do VIH nos bebés e o posterior tratamento antirretroviral para as nais e os bebés que o necesiten.