Tarxeta Solidaria Bankia-UNICEF
UNICEF España e Bankia renovaron un ano máis a súa relación a través da Tarxeta Solidaria Bankia-UNICEF.
Mediante o uso desta tarxeta, que existe tanto na modalidade de débito coma de crédito, a entidade cede unha parte das comisións de compra realizadas con ela en todo o mundo aos programas de UNICEF a prol da infancia en máis de 150 países e territorios en desenvolvemento.
Co nacemento de Bankia unificáronse dúas das alianzas máis relevantes de UNICEF España dentro do sector financeiro, Bancaja e Caixa Madrid, aliados, da organización dende o ano 2000.
Este verán, o acordo de colaboración renovouse e ampliou respecto aos convenios iniciais, englobando a todas as entidades de Bankia. O obxectivo é alcanzar polo menos os mesmos niveis de captación que en anos anteriores: máis de 400.000 euros ao ano.