Televisión de Galicia, cos nenos afectados polo tifón en Filipinas

A Televisión de Galicia dedica hoxe venres unha programación especial de carácter solidario a favor de Filipinas, co obxectivo de apoiar os programas de emerxencia de UNICEF que dá resposta ás necesidades dos nenos afectados polo tifón Haiyán.

 

Os nenos son sempre os máisvulnerables ante unha emerxencia desta magnitude. En Filipinas, 5,5 millóns de nenos víronse afectados pola devastación causada polo tifón, dos cales 1,8 están desprazados dos seus fogares. Por ese motivo, a noite do venres 22 de novembro a televisión galega emite unha edición especial do programa Luar, presentado por Xosé Ramón Gayoso, que incluirá información, entrevistas e chamamentos á colaboración para apoiar os programas de emerxencia de UNICEF que ten o obxectivo de cubrir asnecesiades máis básicas destes nenos. O programa comezará ás 22:00 horas e contará, ademais de cos seus colaboradores habituais, cunha entrevista á Embaixadora de UNICEF Comité EspañolAna Duato. Tamén intervirán Teté Delgado, Roberto Vilar, Moncho Borrajo e moitos convidados máis. Calquera espectador poderá unirse a este programa solidario enviando un sms** coa palabra AXUDA ao 28028, ou chamando ao teléfono 900 907 900.

AxUDA A FILIPINAS:  LEVáNTANse OS PRIMEiROS ESPAzOS AMIGOS DA INFANCIA

UNICEF traballa sen descanso en Filipinas para responder ás necesidades dos máis de 5 millóns de nenos que están a sufrir as consecuenciasdo desvastador tifón, o máis forte que xamais tocou a terra.

O equipo de UNICEF en Filipinas, composto por 90 persoas, traballa dende o 8 de novembro nesta emerxencia. Ademais, enviáronse 60 toneladas métricas de axuda dende o centro de subministracións de Copenhaguen e desprazáronse 60 traballadores humanitarios para apoiar nesta emerxencia.

UNICEF xa empezou a entregarsubministracións vitais nas rexións deTacloban, Ormac e Roxas, as cidades máis afectadas polo desastre. Ademais,restableceuse a subministración de auga en Tacloblan, o que proporcionará auga potable a 200.000 persoas, e empezáronse a levantar os primeirosEspazos Amigos da Infancia.

Proximamente, está previsto que saian cara a Cebu 80 toneladas métricas máis de subministracións, que incluirán tendas, depósitos de auga, material escolar e subministracións de saúde e nutrición. Ademais, poñerase en marcha unha campaña de vacinación contra o sarampelo e polio dirixida a 28.000 nenos de entre 6 e 59 meses.

** CUSTO DA MENSAXE 1,20 € ÍNTEGRO PARA UNICEF. Válido paraMovistar, Vodafone, Orange,Yoigo e Euskaltel. Número sen fins comerciais. Operado porUNICEF n.atn.clte:902080900unicef.es. Información legal e protección de datos: unicef.es