Terremoto en Afganistán: decenas de miles de nenos e familias afectadas en zonas de difícil acceso
Os nenos que viven nas zonas afectadas polo terremoto en Afganistán e Paquistán enfróntanse a ameazas mortais.
As condicións extremas e a
inseguridade fan que o acceso ás comunidades para entregar
a axuda sexa díficil.
Calcúlase que a metade
dos afectados polo terremoto son nenos.
Polo momento, 200 persoas morreron, incluídas 12 nenas dunha
escola, e aproximadamente unhas 1.000 resultaron feridas otremor de magnitude 7,5 do pasado
luns.
TERREMOTO EN AFGANISTÁN: AS choiVAS e A NEVE GOLPEAN AS AREAS MONTAÑOSAS
Desde onte, as fortes
choivas e a neve están a golpear as áreas remotas e
montañosas afectadas o terremoto. A comunicación é moi débil e o
acceso difícil, debido á dureza do terreo e ás condicións de
seguridade.
"Estamos moi preocupados
pola seguridade e o benestar dos nenos, que son os máis
vulnerables en calquera desastre e que agora están en perigo de
sucumbir ante os elementos, xa que as temperaturas caen en picado",
dixo Karin Hulshof, directora rexional de UNICEF para Asia
Meridional.
Algunhas das zonas
golpeadas polo terremoto continúan inaccesibles, mentres
que gran parte do resto da rexión afectada é de difícil acceso,
mesmo en circunstancias normais.
O persoal de UNICEF en Afganistán
e Paquistán está a traballar cos seus gobernos e
está preparado para proporcionar subministracións
vitais a decenas de miles de nenos afectados e as súas
familias.
Os servizos
sanitarios, de nutrición, hixiene e
educativos van estar sometidos a unha presión excepcional, o que
pode pór en risco a vida de máis nenos e
nenas.