Terremoto en Ecuador: máis de 150.000 nenos afectados pola catástrofe
Máis de 150.000 nenos e nenas víronse directamente afectados polo terremoto de Ecuador, segundo os primeiros cálculos realizados polos nosos equipos no terreo, que se desprazaron a Pedernales e Esmeraldas, as áreas máis afectadas pola catástrofe.
O sismo provocou ademais a
destrución de numerosos edificios e vivendas. En total, 805
quedaron reducidos a cascallos e 608 sufriron
danos.
Entre as edificacións afectadas
atópanse 146 escolas, ás que asistían
habitualmente ao redor de 88.000 nenos.
Ademais, o resto de
infraestruturas están ao bordo do colapso, como é o caso dosistema de saúde ou a distribución deauga e alimentos, que comezan a
escasear.
"Estamos a traballar
contrarreloxo para protexer aos nenos deenfermidades e doutros riscos habituais enemerxencias como esta", di Grant Leaity,
representante de UNICEF en Ecuador.
axuda a ECUADOR: ENVIAMOS 20.000 PASTILLAS POTABILIZADORAS e 4.500 MOSQUITERAS
Desde UNICEF estamos a traballar
xunto ao Goberno de Ecuador para atender á
poboación afectada. Xa enviamos 20.000 pastillas
potabilizadoras para que os nenos e as súas familias
poidan beber auga limpa. Ademais, distribuímos 4.500
mosquiteras e lonas de plástico.
Tres equipos de UNICEF xa están
na zona máis afectada. Dous deles traballan enPedernales e un en Esmeraldas.Desde UNICEF estamos a preparar novos envíos de material escolar e
edificacións temporais onde os nenos poidan dar clase. Tamén
estamos a intensificar a atención psicolóxica aos
nenos que se atopan nos refuxios habilitados polasautoridades ecuatorianas.
Nalgunhas dos lugares máis
afectados os deslizamientos de terras están a
danar aínda máis as infraestruturas e dificultando
o acceso dos equipos de asistencia e assubministracións. Algunhas cidades seguensen electricidade, e só funciona o 40% das
telecomunicacións.
TERREMOTO EN ECUADOR: a Túa AxUDA é Moi IMPORTANTE
En UNICEF estamos preocupados
polas condicións sanitarias, de auga e
saneamento nas zonas costeiras, nas que é habitual a
presenza de enfermidades como o zika, odengue, a malaria ou ochikungunya.
Desde o comité español de UNICEF
puxemos en marcha unha campaña para conseguir fondos para axudar
aos nenos e familias afectados polo terremoto en
Ecuador. Polo momento, enviamos 100.000
euros dos nosos recursos regulares para facer fronte áemerxencia nos primeiros días.
A túa axuda é
moi importante. Se podes, doa para axudar aos nenos e
familias en Ecuador.