Terremoto en Nepal: 5 feitos que demostran que a axuda chega
Nepal está a vivir os días máis difíciles dos seus últimos anos. O terremoto que sacudiu este país asiático o sábado 25 de abril levouse por diante a maior parte das casas, estradas e escolas.
E o peor é que os seus efectos non fixeron máis que empezar. Asenfermidades contaxiosas, adesnutrición e o caos
xeneralizado axexan a poboación nepalés. Por este motivo,
os nenos de Nepal e as súas familias necesitanaxuda urxente para poder superar esta traumática
experiencia.
Moitos de vós preguntarédesvos se xa está a chegar esta axuda tan
necesaria. Por iso, en UNICEF gustaríanos
compartir 5 feitos que demostran que si, quea axuda chega.
A AxUDA chEGA: 85 TONELADAS DE SUbMINISTRacións xA ESTÁN EN NEPAL
- Nos primeiros días posteriores ao terremoto, enviamos máis de85 toneladas de subministracións esenciais neste tipo de catástrofes como tendas de campaña,pastillas potabilizadoras de auga, mantas emedicamentos. Ademais, esta semana chegarán outras80 toneladas de subministracións financiadas pola Unión Europea.
- Establecemos 10 espazos amigos da infancia que permitirán que máis de 1.000 nenos poidan seguir xogando. É moi importante que os máis pequenos esquezan canto antes os traumas que viviron.
- Estamos a xestionar a repartición de auga potablecon camións cisterna nos 16 campamentos de desprazados do Val de Katmandu. O pasado fin de semana xa chegaramos a case 90.000 persoas. Tamén estamos a instalar latrinas para asegurar un sistema de saneamento axeitado.
- Estamos a distribuír alimento terapéutico para os nenos con desnutrición aguda e damos apoio ás nais. Antes do terremoto, Nepal xa tiña uns niveis de desnutrición preocupantes, cunha taxa de desnutrición crónica do 41%.
- Organizamos servizos para dar apoio psicolóxicoaos habitantes das zonas máis afectadas. Ademais, lanzamos unprograma de radio para levar información vital ászonas máis remotas ás que aínda non se puido chegar fisicamente.
A AxUDA chEGA: BUSCAMOS NoVAS RUTAS DE ENTRADA POla india
Estamos a traballar xunto ao Goberno de Nepal e os nosos aliados
alí para garantir que a axuda humanitaria se
distribúa nas comunidades afectadas o máis rápido posible. Para iso
estamos a combinar os envíos en voos chárter ecomerciais.
Ademais, estamos a explorar rutas alternativas por
terra a través da India, co apoio da nosa oficina
en Nova Delhi, para chegar aos nenos que están
fóra do Val de Katmandu.
Coa túa colaboración, poderemos seguir buscando o
mellor xeito de levar asistencia aos nenos de
Nepal.
Axúdanos a seguir axudándoos.