Terremoto en Nepal: aumentan as necesidades dos nenos

Xa pasaron varios días dende que se produciu o terremoto en Nepal. As necesidades dos nenos, que representan máis do 40% da poboación afectada, aumentan a medida que pasan as horas.

 

Por iso, dende UNICEF lanzamos un chamamento por valor de 50,35 millóns de dólares (45,6 millóns de euros), para poder proporcionar axuda humanitaria aos nenos e as súas familias ante o crecente risco debrotes de enfermidades. Esta petición forma parte dun chamamento de varias axencias para afrontar as necesidades inmediatas durante os próximos tres meses.

O terremoto de magnitude 7,9 deixou máis de 5.000 mortos e 10.000 feridos. Ademais, decenas de miles de persoas permanecen en espazos abertos e campamentos temporais no val de Katmandu e o resto de distritos máis afectados.

Terremoto en Nepal: 1,7 millóns de nenos necesitan axuda urxente

Se ben a poboación infantil afectada nos 35 distritos nos que o Goberno declarou o estado de emerxencia alcanza os 2,8 millóns, en UNICEF centraremos os nosos esforzos nos primeiros 90 días en atender as necesidades urxentes dos 1,7 millóns de nenosque están nos 21 distritos máis devastados.

"As vidas de moitos nenos foronesnaquizadas e necesitan desesperadamente axuda vital, como auga potable, refuxio esaneamento", di Tomoo Hozumi, representante de UNICEF Nepal.


"Sen auga potable, as enfermidades que se transmiten a través deste medio continúan supoñendo un gran risco para os nenos. Moitas familias están a loitar simplemente para protexerse do sol e da chuvia. Agora esperamos que asnecesidades aumenten nos próximos días, conforme recibamos máis información das áreas máis remotas e a magnitude total do desastre se faga máis evidente,".

Terremoto en Nepal:  a NoSA RESPoSTA

Dende UNICEF estamos a traballar cos nosos aliados para proporcionar asistencia humanitaria vital, incluíndo auga potable e refuxio. As últimas actualizacións da nosa resposta inclúen:

  • Envío e distribución de tendas de campaña, kits de hixiene, pastillas para potabilizar a auga ecubos, Gorkha, epicentro do terremoto, onde debido á presenza de cadáveres hai risco de brotes de enfermidades. Tamén se mandaron subministracións vitais a Kavre e Dhading.
  • Repartición de pastillas para potabilizar auga, cubos e kits de hixiene en Bhaktapur, onde se estima, que só 1 de cada 5 persoas ten acceso a auga potable.
  • Distribución de auga potable con camións cisterna en 16 campamentos informais que se estableceron no val de Katmandu.
  • Equipos que identifican e asisten aos nenos que quedaronseparados das súas familias.
  • Traballo con aliados para proporcionar apoio psicolóxico aos nenos que viven en campamentos informais, que experimentaron un gran trauma.

Máis do 80% das instalacións sanitarias nos cinco distritos máis afectados sufriron grandes danadas, polo que a atención aos pacientes se fai na rúa. Das 323 escolas avaliadas en 16 distritos, 274 están danadas parcial ou completamente, o cal subliña a necesidade deespazos temporais de aprendizaxe para protexer os nenos e permitilos establecer unha rutina.

Os nenos de Nepal necesitan a túa axuda. Se podes, colabora.