Terremoto en Nepal: como o están a vivir os nenos?

Os nenos de Nepal levan xa varios días vivindo en primeira persoa as consecuencias do peor terremoto que sufriu o país en 80 anos e que se levou por diante casas, escolas e estradas.

 

Moitos nenos e familias perderon os seus fogares e refúxianse en campamentos improvisados aos que estamos a apoiar dende UNICEF. A pesar da chuvia e as baixas temperaturas, todos queren estar lonxe dos edificios, por medo a novas derrubas.

"Esta mañá fun a Bakhtapur. As estradas tiñan unhas gretas enormes e todo o mundo estaba fóra, axudándose uns a outros". Conta Karin Hulshof, director rexional de UNICEF.

Os nenos que resultaron feridos a causa do sismo están a ser atendidos no exterior porque se descoñece ata onde chegan os danos nos hospitais. Os médicos doval de Katmandu están desbordados e estáselles a rematar o material. En Lamjung,o 9
0% das casas están danadas, o que afecta a máis de3.000 familias.

TERREMOTO EN NEPAL: CON 25€ PODEMOS SUbMINISTRAR KITS DE AugA A 2 FAMILIAS

Unha das cousas que máis nos preocupan é a falta de auga potable e saneamento, que pode provocar a aparición de brotes de perigosas enfermidades, especialmente para os nenos. EGorka, hai un alto risco de que isto aconteza debido aoscadáveres que se acumulan nas rúas.

Ti podes contribuir aevitar isto. Se
doas 25 euros, nós poderemos levar kits de auga a 2 familias, evitando que contraian enfermidades como a cólera.

TERREMOTO EN NEPAL: "NUNCA vivira ALGO TAN DIFÍCIL"

Chahana ten13 anos. Ela e a súa familia víronse obrigados a deixar a súa casa, que quedou moi danada polo terremoto. "Agora mesmo vivo nun campamento en Katmandu", di. "É moi duro vivir aquí. Nunca vivira algo tan difícil. Pero así é a vida. Isto é o que estou a aprender. Só espero que todo o mundo sobreviva".

Un total de 2,8 millóns de nenos están afectados polo sismo que asolou Katmandu e os seus arredores, dos que 1,7 millóns necesitan axuda humanitaria de xeito urxente.

Se podes, colabora para axudar aos nenos de Nepal.