Terremoto en Nepal: como podo axudar os nenos e as súas familias?
O número de mortos que deixou o terremoto en Nepal non deixa de aumentar. Hoxe espertamos coa cifra de máis de 4.000 falecidos. Katmandu está reducido a entullos e a xente dorme na rúa por temor ás derrubas dos poucos edificios que quedan en pé.
Os nenos de Nepal están a vivir o caos e o horror
posteriores ao sismo en primeira persoa. O número de nenos
afectados case se triplicou en menos de 24 horas. Segundo os
últimos informes case 3 millóns de nenos están
afectados polas consecuencias do terremoto e
en UNICEF queremos
levar axuda a todos eles.
Para poder atender a todos estes nenos necesitámoste. Queres saber
como podes colaborar cos nenos afectados polo
terremoto?
Propoñémosche 4 opcións:
1. Fai unha doazón na nosa web.
A opción máis rápida mentres les isto. No noso formulario de doazón
poderás achegar a cantidade que desexes para axudar aosnenos de Nepal.
2. Envía un SMS.
Cando non esteas na casa e te acordes dos nenos de
Nepal podes enviar un SMS ao
38080 *. Con esa mensaxe, estarás a doar 4 euros. Non se che
esqueza confirmar!
3. Faite socio.
Cando se produce unha emerxencia repentina,
en UNICEF podemos
responder rapidamente grazas ao diñeiro que achegan periodicamente
os nosos socios. Esta pode ser a túa opción se queres que a túaaxuda sexa a primeira en chegar en futuras
emerxencias.
4. Difunde todo o que poidas. O máis importante é que a voz de Nepal non se
apague. Os nenos de Nepal van necesitar toda a
axuda que poidamos facerlles chegar. Por iso, conta a súa situación
aos teus amigos e familiares para que eles tamén poidan colaborar.
Se tes un blog ou páxina web,
tamén podemos usar os banners que
preparamos.
TERREMOTO EN NEPAL: A SITUACIÓN DOS NenOS xA ERA CRÍTICA
En UNICEF levamostraballando máis de 40 anos polainfancia en Nepal, un país no que a situación dos
nenos xa era crítica antes do terremoto. O 41% dos
nenos menores de 5 anos sofren desnutrición
crónica e un 65% da poboación non ten
acceso a saneamento axeitado. Ademais, as taxas detrata e outras formas deviolencia contra os nenos son moi
elevadas.
Agora estamos a traballar a contra o reloxo para responder de forma
inmediata ás necesidades dos nenos en auga, saneamento e
hixiene; nutrición, saúde, educación eprotección. Nos próximos días, reforzaremos a
resposta ao terremoto con máis persoal.
*IMPORTE DO SERVIZO SMS SOLIDARIO
4 € ÍNTEGRO PARA UNICEF.
Servizo de SMS para
a recadación en campaña solidaria. O usuario debe responder SI
ao sms de
confirmación para realizar a doazón. Válido
para Movistar, Vodafone, Orange e
Amena. Operador titular do número: UNICEF Comité
Español. c/ MauricioLegendre,
36. 28046 Madrid. N.Atn.
clte:902228028, sms@unicef.es.
Información legal e protección de datos:www.unicef.es