Terremoto en Nepal: tendas de campaña e outras subministracións humanitarias chegan ás familias

Nas últimas 48 horas, UNICEF distribuíu aos nenos afectados polo terremoto de Nepal 29 toneladas métricas de subministracións humanitarias como tendas de campaña, lonas pastillas para potabilizar a auga, kits de hixiene e de primeiros auxilios, como parte dos esforzos para chegar a 1,7 millóns de nenos que viven en áreas gravemente afectadas polo terremoto.

Nos próximos días UNICEF ten previsto enviar máis artigos a Katmandu. Se queres
axudar os nenos de Nepal, podes facer un donativo.

"A vida dos nenos en Nepal volveuse do revés", dixo Raju Shreshta, xefe de loxística da división de subministracións de UNICEF en Copenhaguen. "Miles morreron, as casas están destruídas. A miña familia e amigos en Nepal tamén están atrapados no desastre. Faltan subministracións médicas e camas nos hospitais. UNICEF enviou tendas de campaña a Nepal para ser usadas como clínicas e como refuxio para os nenos que o necesitan urxentemente. Tamén estamos a enviar pastillas para potabilizar a auga, para asegurar que os nenos e as súas familias teñan acceso a auga potable,".

Poucas horas despois de que o terremoto de magnitude 7,9 devastase moitas zonas de Nepal, UNICEF enviara ás comunidades afectadas pastillas para potabilizar a auga, sales de rehidratación oral e kits de hixiene, grazas ás 30 toneladas métricas de subministracións de emerxencia que xa estaban preparados en almacéns de UNICEF en Nepal. Isto axudará ás familias sen acceso a auga potable como consecuencia do terremoto, a previr as enfermidades que se transmiten por este medio. En Katmandu establecéronse máis dunha ducia de asentamentos informais, e UNICEF e os seus ali
ados están a levar a todos eles auga potable e artigos de hixiene.
 
UNICEF e os seus aliados están a traballar co goberno de Nepal para garantir que a axuda humanitaria sexa enviada e distribuída nas comunidades afectadas o máis rápido posible, mediante unha combinación de envíos en voos chárter e comerciais. As axencias humanitarias están a loitar contra os importantes atrasos debidos ás restricións técnicas sobre o peso máximo de aterraxe e o uso de avións de fuselaxe ancha. A conxestión do aeroporto de Katmandu, debido á capacidade limitada de almacenamento e aos medios limitados para distribuír a carga entrante, agravou os problemas loxísticos.

UNICEF
 fixo un chamamento por valor de 50 millóns de dólares (45,6 millóns de euros) para dar apoio á súa resposta humanitaria ante o terremoto en Nepal durante os próximos 90 días.