Terremoto en Nepal: un mes despois, que significan os vosos donativos para os nenos
Pasou un mes dende que o primeiro desvastador terremoto sacudiu Nepal. Dende entón, máis de 8.600 persoas morreron e máis de 18.000 están feridas.
Os sucesivos terremotos e as réplicas causaron un temor xeneralizado no país e graves episodios de pánico entre os nenos. Ademais. polo menos medio millón de persoas na capital de Nepal, Katmandu, perderon os seus fogares e viven en campamentos improvisados.
Grazas aos vosos donativos, puidemos responder de forma inmediata á crise e traballamos para cubrir as necesidades urxentes de 1,7 millóns de nenos.
Estas son só algunhas das cousas que puidemos facer grazas á vosa axuda:
Os sucesivos terremotos e as réplicas causaron un temor xeneralizado no país e graves episodios de pánico entre os nenos. Ademais. polo menos medio millón de persoas na capital de Nepal, Katmandu, perderon os seus fogares e viven en campamentos improvisados.
Grazas aos vosos donativos, puidemos responder de forma inmediata á crise e traballamos para cubrir as necesidades urxentes de 1,7 millóns de nenos.
Estas son só algunhas das cousas que puidemos facer grazas á vosa axuda:
- Cando acontece un desastre, os nenos deben ter acceso a auga limpa para evitar as enfermidades transmitidas pola auga como a cólera. Grazas aos vosos donativos, podemos subministrar auga potable e saneamento para os nenos e as familias en campamentos temporais. Ata agora, chegamos a 300.000 persoas con auga potable e saneamento para ao redor de 45.000. Tamén proporcionamos kits de hixiene, que inclúen xabón e cepillos de dentes, aos nenos cuxos fogares foron destruídos polos terremotos.
Terremoto en Nepal: a desnutrición é unha ameaza crecente para os nenos
- É tamén esencial que os nenos reciban alimentación e nutrientes para que poidan crecer sans e seguros. Agora mesmo en Nepal, ao redor de 15.000 nenos en 14 dos distritos máis afectados necesitan alimento terapéutico -como pasta de cacahuete rica en nutrientes lista para o seu consumo- para o tratamento da desnutrición aguda grave. Ademais uns 55.000 nenos con desnutrición aguda moderada necesitan alimentación suplementaria e coidados.
- Antes dos terremotos, ao redor de 1 de cada 10 nenos en Nepal non estaban vacinados contra o sarampelo. Coa tempada de monzóns a volta da esquina, os nenos corren agora un maior risco de contraer a enfermidade. Por iso, puxemos en marcha unha campaña de vacinación para chegar a medio millón de nenos.
- Grazas á vosa axuda, tamén proporcionamos apoio psicolóxico nos campamentos e para a poboación en xeral a través de programas de radio. Os nosos compañeiros de UNICEF distribuíron tendas de campaña e kits de ocio para establecer 100 Espazos Amigos da Infancia, onde os nenos desprazados poden xogar e recibir terapia nun espazo seguro.
- Dende os terremotos, máis de 950.000 nenos e nenas non puideron regresar a clase porque as súas escolas foron danadas ou destruídas. Grazas aos vosos donativos, entregamos escolas nunha maleta, kits educativos e tendas para poñer en marcha escolas temporais e que os nenos non perdan a súa escolarización.
Grazas ao voso apoio no último mes, proporcionamos apoio vital aos nenos e as familias afectadas polos terremotos en Nepal. Pero aínda hai millóns de nenos que necesitan axuda.
Se podes, axuda aos nenos Nepal
Se podes, axuda aos nenos Nepal