Terremoto en Nepal: UNICEF analiza sobre o terreo o impacto causado e as necesidades

Un terrible terremoto de magnitude 7,9 impactou nos arredores da capital de Nepal, Katmandu. Aínda que aínda non se coñecen os danos, un sismo desta magnitude pode ser mortal, derrubando edificios, e destruíndo estradas e infraestruturas.

UNICEF ten dúas oficinas en Katmandu e nestes momentos está a avaliar os danos e as necesidades dos nenos e as súas familias para responder inmediatamente.

As comunicacións non funcionan ben e aínda non temos unha visión completa da devastación, pero tememos pola perdida de vidas humanas e os fogares destruídos.

Mantemos o noso compromiso cos nenos de Nepal, estamos alí por eles, sempre, nesta emerxencia e todos os días.

Os traballadores de UNICEF estamos a traballar para levar asistencia inmediata aos nenos.

Post escrito por Kyle Facey, Ne
pal