Terremotos en Nepal: aumenta o risco de tráfico de nenos
Polo menos 245 nenos foron interceptados antes de ser obxecto de tráfico ou ser levados innecesaria ou ilegalmente a casas de acollida dende que se produciu o primeiro terremoto en Nepal hai case dous meses.
"UNICEF temía
un aumento dos casos de tráfico de nenos despois
dos dous terremotos",
explica Tomoo
Hozumi,
representante de UNICEF Nepal.
"A perda de medios de subsistencia e o empeoramento das
condicións de vida podería facilitar que os traficantes
convencesen os pais para entregar os seus fillosao que eles cren que será unha vida mellor. Os traficantes
prometen educación, comidas e un futuro mellor. Pero a
realidade é que moitos destes nenos poderían rematar sufrindo unabuso e explotaciónterribles".
TERREMOTO EN NEPAL: o TRÁFICO INFANTIL ERA FRECUENTE No PAÍS ANTES DOS SÍSMOS
O tráfico infantil xa era frecuente enNepal antes do terremoto do 25 de abril;
segundo un estudo da Organización Internacional do
Traballo (2001), 12.000
nenos nepalíes sonlevados cada ano á India. Asnenas que non son forzadas a exercer a
prostitución poderían tamén ser vendidas comoescravas domésticas na India e outros países; osnenos, obrigados a realizar traballos forzosos.Despois de desastres como os terremotos, hai un
risco de que o tráfico aumente.
As familias poderían ser tamén máis doadas de convencer paraenviar os seus fillos a orfanatos enKatmandu e Pokhara,unha tendencia que comezou tras a guerra civil con promesas de seguridade e educación. Antes do terremoto, aproximadamente15.000 nenos vivían en casas de acollida, e sufrían un risco potencial de ser vítimas de adopcións mal reguladas, explotación e abuso. Máis do 85% destes nenos tiña polo menos un dos seus proxenitores vivos.
As familias poderían ser tamén máis doadas de convencer paraenviar os seus fillos a orfanatos enKatmandu e Pokhara,unha tendencia que comezou tras a guerra civil con promesas de seguridade e educación. Antes do terremoto, aproximadamente15.000 nenos vivían en casas de acollida, e sufrían un risco potencial de ser vítimas de adopcións mal reguladas, explotación e abuso. Máis do 85% destes nenos tiña polo menos un dos seus proxenitores vivos.
TERREMOTO EN NEPAL: É URxENTE ACELERAR A PREVENCIÓN Do TRÁFICO DE NenOS
Dende UNICEF estivemos
a traballar estreitamente co goberno de Nepal e outros aliados para
acelerar e fortalecer a resposta en prevención de tráfico
infantil:
- Dende UNICEF estamos a dar apoio á policía no establecemento e reforzo de 84postos de control e comisarías en todo o país e nos distritos afectados polo terremoto.
- A ONG nacional Maiti Nepal recibe apoio pola nosa banda para ampliar ou establecer 12 puntos de control e interceptación nas fronteiras con India e China, e para crear 11 centros de tránsito para vítimas de tráfico. Outra organización local, Shakti Samuha, está a recibir o noso apoio para vixiar esensibilizar aos 14 distritos máis afectados.
- Dende UNICEF apoiamos a todos os actores relevantes para confirmar que todos os presuntoscasos de tráfico infantil se verifican e que todos os nenos son contabilizados, a través do reforzo da xestión da información e dos sistemas de coordinación.
- O goberno suspendeu as adopcións internacionaistras o terremoto do 25 de abril, e a principios de xuño tamén prohibiu que os nenos viaxasen entre distritos sen os seus pais ou titores legais. Esta medida pretende previr que nenos que poden ter os seus pais vivos rematen en procesos de adopción internacional innecesarios.
- O traslado de nenos fóra dos seus distritos depende da autorización previa da Xunta de Benestar Infantil. Prohibiuse que os orfanatos reciban novos nenos sen o previo coñecemento e autorización por parte do goberno.
- O ministro de Interior indio emitiu unha advertencia para incrementar a vixilancia nos postos fronteirizos. Ademais alertouse á Sociedade Civil en India para que estea preparada para actuar para previr e responder o tráfico.
- En UNICEF diriximos unha campaña de información e sensibilizaciónsobre protección infantil tras os terremotos. Ata agora distribuíronse 40.000 folletos nos 14 distritos afectados, en sitios como comisarías de policía, campos de desprazados internos, comunidades e organizacións locais.
- Sensibilizouse a 25 compañías aéreas que operan en Nepal sobre a necesidade de examinar os pasaxeiros para garantir que os nenos están acompañados polos seus coidadores legais.
- Radio Nepal está a lanzar mensaxes, que chegan ao 70% da poboación, advertindo os pais de que non deixen os seus fillos sen vixilancia e que poñan atención a persoas sospeitosas que traten de falar cos seus fillos e/ou de convencelos a eles para dárllelos baixo promesas dunha vida mellor.
- Dende UNICEF apoiamos o establecemento de 141 espazos amigos da infanciapara preto de 14.000 nenos, onde nenos e nenas poden recuperarse nun ámbito seguro do impacto emocional do terremoto, e onde os facilitadores poden identificar os nenos en risco de ser separados das súas familias evítimas de tráfico.
- Os centros temporais de aprendizaxe de UNICEF e os kits escolares distribuídos como parte dacampaña de volta ao cole non só minimizan a interrupción da educación, senón queprotexen os nenos da explotación e o abuso, e proporciónanlles información para manterse seguros e saudables.
TERREMOTO EN NEPAL: PREOCUPADOS POLo "VOLUNTARISMO" A ORFANATOS
Dende UNICEF queremos
mostrar tamén nosa preocupación polo "voluntarismo" a
orfanatos, xa que moitas familias en todo o mundo
expresaron o seu desexo de axudar aos nenos en Nepal a través das adopcións ou visitas a
orfanatos.
"Nalgúns casos aos nenos sepáraselles
deliberadamente das súas familias e lévaselles aorfanatos, onde poden ser utilizados paraatraer familias adoptivas, voluntarios que pagan e
doadores", explica Hozumi.
"Moitos voluntarios teñen boa intención, pero a
miúdo non son conscientes
de que, sen sabelo, poderían prexudicar aos nenos.
Ademais moitas veces non se revisan os antecedentes dos
voluntarios, o cal pode incrementar o risco de explotación
infantil e abuso sexual,".
Dende UNICEF estivemos
a traballar de preto cos sectores de turismo e voluntariado para
concienciar sobre as consecuencias negativas deste"voluntarismo" de orfanatos. Identificouse a 40
axencias nacionais e internacionais que recrutan voluntarios para
os orfanatos en Nepal, e animóuselles a suspender os seus
programas de voluntariado en orfanatos. Oito delas xa o
fixeron.
"Reconstruír as comunidades rurais afectadas emanter as familias xuntas é o mellor xeito de axudar aos nenos de Nepal a recuperarse do terremoto", conclúe Hozumi.
"Reconstruír as comunidades rurais afectadas emanter as familias xuntas é o mellor xeito de axudar aos nenos de Nepal a recuperarse do terremoto", conclúe Hozumi.