Tifón en Filipinas: acción solidaria da Radio Televisión de Castela e León

A Radio Televisión de Castela e León (RTVCyL) envórcase de novo con UNICEF a través dunha acción solidaria multimedia o mércores 11 de decembro.

O obxectivo é apoiar os programas de emerxencia de UNICEF en Filipinas, destinados especialmente a axudar os máis de 6 millóns de nenos afectados polo tifón Haiyán/Yolanda.

Todos os programas, tanto de actualidade coma de entretemento, e os servizos informativosdas dúas canles da televisión autonómica realizarán chamamentos, entrevistas e informacións vinculadas á emerxencia durante 24 horas. A páxina web e a imaxe corporativa da RTVCyL tamén se vestirán coa liña gráfica desta campaña, que busca conseguirdoazóns mediante o envío de SMS coa palabra UNICEF ao 28028 *.As delegacións territoriais deLa 8 sumaranse á iniciativa. Informarase detalladamente con testemuños en directo de persoas afectadas, de voluntarios e de representantes deUNICEF. Trátase da terceira vez que a RTVCyL e UNICEF se alían, despois de colaborar nascampañas de UNICEFComité Español contra a desnutrición infantilDoa 1 Día eCumpledías.

AxUDA A FILIPINAS: o TRABAllO DE UNICEF 

O traballo de UNICEF, xunto co Goberno de Filipinas e outras organizacións humanitarias, conseguiu que 200.000 persoas teñan acceso a auga potable en Tacloban, entre outros moitos logros.

Dende que se produciu o tifón hai un mes, UNICEF distribuíu miles de artigos como lonas, cubos, pastillas potabilizadoras de auga, suplementos de micronutrientes e kits de hixiene, recreativos e educativos.

Pero aínda queda moito por facer. Millóns de familias perderon os seus fogares e os seus medios de vida. Un 80% dos nenos de Tacloban non puido volver a clase, e 1,35 millóns de nenos están en risco de sufrir desnutrición. Para poder seguir abordando este traballo en Filipinas durante os próximos meses,UNICEF fixo unchamamento de 61,5 millóns de dólares (uns45,5 millóns de euros).* CUSTO DA MENSAXE 1,20 € ÍNTEGRO PARA UNICEF. Válido para Movistar, Vodafone,Orange, Yoigo e Euskaltel. Número sen fins comerciais. Operado por UNICEF n.atn.clte:902080900 unicef.es. Información legal e protección de datos: unicef.es