Tifón en Filipinas: Apple Joy, unha supervivente de 10 anos
O tifón Haiyan/Yolanda do pasado 8 de novembro esnaquizou escolas, casas e familias en Filipinas, pero sobre todo vidas. Coñecemos historias de diferentes nenos a quen desgraciadamente lles tocou ser protagonistas dun episodio terrorífico que nin sequera un adulto nunca debería vivir. É o caso, por exemplo, de Apple Joy.
Apple Joy Agojero ten10 anos. Tras o desvastador tifón lévanos ao lugar onde estaba a súa casa.Non queda nada. Só o inodoro está aí, en medio da paisaxe, como un recordo do que había alí. Apple Joyensínanos onde xogaba coas súas irmás, no patio da súa casa, onde a súa nai colgaba a roupa lavada. A súa cara reflictetristura, melancolía.
AxUDA A FILIPINAS: ESPAzOS AMIGOS DA INFANCIA
Perdérono todo, pero dende que UNICEF abriu o Espazo Amigo da Infancia en San José, Apple Joy vai todos os días, onde participa en actividades xuvenís, practica deporte e recibeeducación... Alí parece feliz. Tamén se beneficiou dos kits de hixiene queUNICEF repartiu ás familias do centro de San José e foi examinada para avaliar o seu estado nutricional.UNICEF, xunto co Goberno de Filipinas e outras organizacións humanitarias, conseguiu que Apple, xunto a máis de 200.000 persoas, teñan acceso a auga potable enTacloban, unha das zonas máis afectadas polo tifón.
Ademais, enviou varias caixas consubministracións de emerxencia e promovido unhacampaña de vacinación contra apolio e o sarampelo para máis de 30.000 nenos, entre outros moitos logros. Reconverter a situación o antes posibles é vital. A pesar de tratarse dunha crise moi grave, cunha recuperación a longo prazo, é indispensable proporcionar apoio psicosocial aos nenos, crear un ámbito que os protexa (como no que se encontraApple Joy con outros nenos filipinos), contra a violencia, a explotación, os malos tratos e o abandono, ereconstruír escolas para que poidan estar afastados do mundo que lles rodea fóra.