Tifón en Filipinas: a axuda continúa chegando
UNICEF segue prestando asistencia aos nenos que aínda viven no medio do caos provocado polo tifón Haiyan.
Por iso, o sábado chegaron a Cebú, nun voo doado por KLM, 350 kits de Escola nunha maleta. Cada un destes kits contén suficientes cadernos e materiais de lectura, cálculo e matemáticas para15.000 nenos a partir de 6 anos durante tres meses. Entre as subministracións inclúense 99 tendas de campaña que se utilizarán como aulas escolares e espazos seguros para a infancia. Despois do enorme trauma que viviron os nenos, o regreso ás clases pode volver darlles unha sensación de normalidade.
Axuda a Filipinas: nenos desprazados polo tifón
1,14 millóns de nenos filipinos en idade preescolar e escolar quedaron desprazados polo tifón. Ademais, moitas escolas estanse a utilizar como centros de evacuación, polo que os nenos non teñen ningún lugar onde estudar. Mesmo cando os evacuados abandonen as escolas, será necesario restauralas ou reconstruílas totalmente. Ademais, distribuíronse en Tacloban eRoxas kits recreativos para, polo menos, 25.000 nenos de entre 6 e 15 anos que cursan educación básica e secundaria. Estes kits conteñen balóns de fútbol e de balonmán, redes de voleibol, frisbees e cordas para saltar, para que os nenos poidan xogar individualmente ou en grupo. Xunto a todo isto, tamén se enviaron subministracións farmacéuticas como amoxicilina, retinol e albendazol.Axuda a Filipinas. Envía unSMS coa palabra UNICEF ao 28028 * oudoa aquí.** CUSTO DA MENSAXE 1,20 € ÍNTEGRO PARA UNICEF. Válido para Movistar, Vodafone,Orange, Yoigo e Euskaltel. Número sen fins comerciais. Operado por UNICEF n.atn.clte:902080900 unicef.es. Información legal e protección de datos: unicef.es