Tifón en Filipinas: manter os nenos en espazos seguros

Manter os nenos seguros e protexidos é prioritario mentres se reconstrúen os seus fogares e comunidades tras o desvastador tifón Haiyan, en Filipinas.

UNICEF e o Departamento de Benestar Social e Desenvolvemento da cidade de Tacloban abrirán o mércores o primeiroEspazo Amigo da Infancia nesa cidade, en colaboración con Save the Children. Este espazo é un dos doce que están previstos na rexión.

"A supervivencia infantil non ten que ver só coa saúde dos nenos, a súa educación ou o benestar psicolóxico, senón que tamén se trata de asegurar que a súa seguridade sexa considerada algo prioritario", dixo o Representante de UNICEF en Filipinas,Tomoo Hozumi. "Estes espazos -os primeiros dos moitos que temos previsto abrir- son lugares nos que os nenos poden empezar a recuperarse tras a perda de seres queridos e o cambio drástico que sufriron, e ademais os axudan areducir os riscos desufrir trata, explotación e outros danos".

UNICEF proporciona tendas de campaña, kits de recreación e subministracións para o desenvolvemento da primeira infancia, mentres que o goberno local garante a presenza de coidadores. Proximamente incorporará traballadores sociais, animadores e voluntarios.
 

Axuda a Filipinas: protección dos nenos

Os nenos de idades comprendidas entre 3 e 15 anos poderán participar en actividades apropiadas para a súa idade, como xogos, deporte, aprendizaxe informal e grupos de discusión, que teñen como obxectivo garantir a súa recuperación. Está previsto que o próximo espazo se instale no aeroporto, despois noTacloban Astrodome e posteriormente nunha escola primaria na que xa comezou a limpeza de entullos para preparar o lugar. Os pais e membros da comunidade están a contribuír moi activamente á posta en marcha e funcionamento destes espazos.

Grazas a algúns televisores, radios, ordenadores e fontes de enerxía que seguen funcionando a pesar do tifón, UNICEF e os seus aliados están a difundir mensaxes á poboación afectada, aconsellando aos pais sobre como manter os seus fillos seguros dadas as situacións actuais, e así evitar separacións accidentais e tamén apoiar os nenos no seu proceso de recuperación psicosocial.

Ademais dos Espazos Amigos da Infancia, UNICEF distribuíu 30 tendas a Tacloban que serán usadas como "tendas de campaña para bebés", onde as mulleres embarazadas e as nais lactantes reciban asesoramento e orientación sobre a lactación materna e a nutrición do neno.

Manter nais e bebés sans en Filipinas

"Manter a nai e o bebé sans é outra prioridade dada esta situación de emerxencia", dixo Hozumi. "A lactación materna é a forma máis eficaz para que os recén nacidos reciban os nutrientes que necesitan, e o leite materno tamén proporciona protección ante enfermidades. "

"As nais necesitan apoio e ánimo para poder dar o peito aos seus fillos no medio de tanta tensión e teñen que ser conscientes dos enormes riscos que leva consigo a utilización de sucedáneos de leite en po que teñen un alto risco de provocar infeccións, desnutrición, enfermidades e mesmo a morte. "