Tifón en Filipinas: os nenos son vacinados contra o sarampelo e a polio
Os nenos de Tacloban -a cidade máis afectada polo tifón Haiyan foron vacinados hoxe contra o sarampelo e a polio. Forma parte da primeira fase dunha campaña masiva posta en marcha polo goberno de Filipinas co apoio da Organización Mundial da Saúde (OMS), UNICEF e outros aliados. Os nenos recibiron tamén suplementos de vitamina A para axudarlles a mellorar a súa inmunidade ante as infeccións.
Espérase chegar a máis de 30.000 nenoscon esta campaña que ten lugar nos centros de evacuación e nas comunidades a través de equipos portátiles de saúde.
Axuda a Filipinas: vacinas para evitar a propagación de enfermidades
"Os nenos de Taclobannecesitan toda a protección posible nestes momentos", dixoAngela Kearney, coordinadora da resposta de emerxencia de UNICEF enTacloban. "As enfermidades son depredadores silenciosos, pero sei como previlas así que faremos todo o que poidamos. "
A petición do goberno,UNICEF adquiriuvacinas por valor de 2 millóns de dólares para
repoñer as existencias que había no país, e que agora se están a
utilizar na campaña. Ademais, UNICEF e
a OMS están a axudar a restablecer a
cadea de frío, que é fundamental para manter as vacinas á
temperatura axeitada.
"O persoal daOMS e UNICEF levaron en man as subministracións dende
Manila a Tacloban, coordinaron os
equipos para poñer as vacinas e formáronos sobre como facelo baixo
estas circunstancias tan difíciles. Practicamente non hai
precedentes de que tras dúas semanas e media despois dun desastre
desta magnitude, con este nivel de devastación e estes retos
loxísticos, se leve a cabo unha campaña masiva de vacinación",
asegura a doutora Julie Hall,
representante da OMS en
Filipinas.
Durante a campaña os
nenos vacinados son ademais examinados para detectar se sofren
desnutrición. Para iso mídese o grosor do seu antebrazo xa que isto
indica se están desnutridos e requiren ser
sometidos a algún tratamento.